O Discover non poderá celebra-lo aninovo no espazo
Published novembro 7th, 2006 in Humor"Ou volves antes das 12, ou este ano non saes!", dixéronlle os técnicos da NASA ó transbordador espacial Discovery.
Vía Slashdot entérome de que un erro no transbordador espacial Discovery podería retrasa-lo seu lanzamento. Intentarán que se poida lanzar antes do 17 ou 18 de decembro, pero se non é posible, esperarase ata o próximo ano. Por que? Segundo palabras de Wayne Hale, o encargado do programa do transbordador espacial, "os ordenadores do transbordador non foron deseñados para voar durante un cambio de ano".
O problema evidenciaríase ó chegar ás 12 da noite do 31 de decembro. Nese momento, mentres que para a Terra sería o 1 de xaneiro do 2007, para o transbordador sería o día 366 do 2006. Parece ser que, dende que no 2003 se producira o acidente do tranbordador espacial Columbia, este problema está solucionado, pero por precaución non se queren arriscar.
chúzame -




Mmm, non será máis ben que a xente do control de terra e os astronautas non queren pasar a noite de aninovo traballando, moi sospeitoso todo isto ¿non?, ademáis o de ese erro sona un pouco raro.
Non che digo que non… non me espero moita cousa dos ianquis