Archive for novembro 21st, 2006
Tíñame que ter decatado hai moito tempo. Nunca me parei a pensar que a resistenza á dor ou os reflexos para evitar o impacto co chan no último momento eran unha característica evolutiva que facía fronte á miña mala cordinación.
Miraba para outro lado e ríame da tontería: non afrontaba os feitos. Se ó estar na ducha co xampú na man se me ocorría mira-la hora, ríame do feito de que ó estar tanto o xampú como o reloxo na mesma man caera o primeiro.
A proba definitiva, a que fixo que a verdade se parara burlona e nitidamente diante dos meus ollos, ocorreu onte. Estábame enxaguando a boca mentres que limpaba as gafas coa camiseta. Aquí aparece o detonante habitual: facer dúas cousas ó mesmo tempo. O dramático descubrimento ocorreu cando decidín botarlle un pouco de bafo ás gafas para limpa-las mellor...
chúzame - Dende setembro sentíame libre do spam neste blogue. Nese mes foi cando empecei a emprega-la imaxe antispam, que evitou que se recibisen comentarios con spam. Pero dende hai uns días está chegando spam vía trackbacks.
Debido ó xeito de funcionar dos trackbacks, dábame que a forma de resolver este tipo de spam non ía ser tan doada de implementar. Buscando na WordPress Plugin Database plugins antispam que tivesen no seu nome "trackback" atopei tres:
- Mod_Rewrite Trackback Spam Blocker bloquea o acceso directo a wp-trackback.php, só estando permitidos o acceso indirecto mediante a ligazón de trackback do post.
- Simple Trackback Validation comproba que a páxina do trackback contén unha ligazón ó post.
- WP-Hardened-Trackback crea URLs para as ligazóns de trackback que expiran de cada pouco, co que só serán válidas os trackbacks á URL recente.
Ó final parece que non é tan difícil como eu pensaba.
chúzame - 


