Sabes que tes moi mala cordinación cando…
Published novembro 21st, 2006 in HumorTíñame que ter decatado hai moito tempo. Nunca me parei a pensar que a resistenza á dor ou os reflexos para evitar o impacto co chan no último momento eran unha característica evolutiva que facía fronte á miña mala cordinación.
Miraba para outro lado e ríame da tontería: non afrontaba os feitos. Se ó estar na ducha co xampú na man se me ocorría mira-la hora, ríame do feito de que ó estar tanto o xampú como o reloxo na mesma man caera o primeiro.
A proba definitiva, a que fixo que a verdade se parara burlona e nitidamente diante dos meus ollos, ocorreu onte. Estábame enxaguando a boca mentres que limpaba as gafas coa camiseta. Aquí aparece o detonante habitual: facer dúas cousas ó mesmo tempo. O dramático descubrimento ocorreu cando decidín botarlle un pouco de bafo ás gafas para limpa-las mellor...
chúzame -




FOTOOOOOOOOOOOOOOOS!!! COMO VAI A HABER RIGOR CIENTÍFICO SEN FOTOS???? Espero que na próxima entrada non caias no mesmo error
Acabo de facer público que o máximo ó que podo chegar é a unha tarefas ó mesmo tempo. Como queres que faga unha tontería mentres me fago unha foto?