Spam vía trackbacks
Published novembro 21st, 2006 in As miñas cousasDende setembro sentíame libre do spam neste blogue. Nese mes foi cando empecei a emprega-la imaxe antispam, que evitou que se recibisen comentarios con spam. Pero dende hai uns días está chegando spam vía trackbacks.
Debido ó xeito de funcionar dos trackbacks, dábame que a forma de resolver este tipo de spam non ía ser tan doada de implementar. Buscando na WordPress Plugin Database plugins antispam que tivesen no seu nome "trackback" atopei tres:
- Mod_Rewrite Trackback Spam Blocker bloquea o acceso directo a wp-trackback.php, só estando permitidos o acceso indirecto mediante a ligazón de trackback do post.
- Simple Trackback Validation comproba que a páxina do trackback contén unha ligazón ó post.
- WP-Hardened-Trackback crea URLs para as ligazóns de trackback que expiran de cada pouco, co que só serán válidas os trackbacks á URL recente.
Ó final parece que non é tan difícil como eu pensaba.
chúzame -




Sería interesante ó xa dedicares varias entradas o Spam, amenizar o artigo coa historia da palabra e, porque non, cun video explicativo.
No fondo o spam e unha putada das grandes, de momento no meu blogue está bastante controlado.
Unha entrada sobre os Monty Python está pensada dende a creación deste blog