Que se pedía na manifestación en contra da política antiterrorista?
Published novembro 27th, 2006 in PolíticaEstes días foi difícil non se enterar da manifestación en contra da política antiterrorista do goberno estatal, incluso para un desinformado coma min. Despois de oír a un membro da Asociación de Víctimas do Terrorismo, plantexóuseme unha dúbida: a xente parouse a pensar o que se pedía na manifestación? Grazas ó alto o fogo indefinido (sic) levamos oito meses sen asasinatos. É evidente que ETA non se merece ningunha confianza, pero matar non mata. Como pouco é unha farsa beneficiosa.
Que pasaría ó día seguinte de que o goberno acabara coas "negociacións"? Non sei se ó día seguinte, pero ó pouco ETA tería que demostra-la súa forza. Que forma ten ETA de demostrar a súa forza? Repito, os asistentes á manifestación paráronse a pensar nas consecuencias do que pedían?
Un dato moi triste é que a oposición apoiou a manifestación. Podo entender unha actitude pouco racional por parte dos afectados polo terrorismo en primeira persona, pero non por parte da oposición, que se supón que debe saber o que fai. Temos unha oposición neste estado pésima; vive na contradición constante ó goberno, incapaz de facer unha política constructiva. A este paso, faltarán bastantes anos para que madure e lle veña o sentidiño.
Para rematar, un par de ligazóns á galipedia: moral e ética.
chúzame -




0 Responses to “Que se pedía na manifestación en contra da política antiterrorista?”
Please Wait
Leave a Reply