Estes días foi difícil non se enterar da manifestación en contra da política antiterrorista do goberno estatal, incluso para un desinformado coma min. Despois de oír a un membro da Asociación de Víctimas do Terrorismo, plantexóuseme unha dúbida: a xente parouse a pensar o que se pedía na manifestación? Grazas ó alto o fogo indefinido (sic) levamos oito meses sen asasinatos. É evidente que ETA non se merece ningunha confianza, pero matar non mata. Como pouco é unha farsa beneficiosa.

Que pasaría ó día seguinte de que o goberno acabara coas "negociacións"? Non sei se ó día seguinte, pero ó pouco ETA tería que demostra-la súa forza. Que forma ten ETA de demostrar a súa forza? Repito, os asistentes á manifestación paráronse a pensar nas consecuencias do que pedían?

Un dato moi triste é que a oposición apoiou a manifestación. Podo entender unha actitude pouco racional por parte dos afectados polo terrorismo en primeira persona, pero non por parte da oposición, que se supón que debe saber o que fai. Temos unha oposición neste estado pésima; vive na contradición constante ó goberno, incapaz de facer unha política constructiva. A este paso, faltarán bastantes anos para que madure e lle veña o sentidiño.

Para rematar, un par de ligazóns á galipedia: moral e ética.

Chuzame! chúzame -

0 Responses to “Que se pedía na manifestación en contra da política antiterrorista?”

  1. No Comments

Leave a Reply





Categories

Calendario

novembro 2006
L M M X V S D
« out   dec »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
3K2 theme by Hakan Aydin