Kramnik contra a máquina?

Non, é Kramnik contra os deseñadores dun programa que empregan este programa no lugar de xogar eles mesmos.

Dende o 25 de novembro e ata o 5 de decembro, estanse a enfrontar Vladimir Kramnik, campión do mundo de xadrez, e Deep Fritz, un programa informático. Esta non é a primeira vez que se enfrontan, posto que no 2002 xa se enfrontaran, aínda que cunha versión anterior do programa. Os interesados poden segui-las partidas dende El país.

O curioso é o texto que acompaña ás partidas no El país: "Superou a intelixenza da máquina á do home?". Podería mirar para outro lado pensando que só é un texto para chama-la atención, pero non o farei porque sei que hai moita xente que ten una percepción equivocada do que é un computador.

Unha máquina non ten intelixenza. O que se está a medir é a intelixenza de Kramnik e a intelixenza dos deseñadores do programa. Un computador non é máis que unha máquina que nos axuda a facer tarefas complexas de xeito máis doado. Para que Deep Fritz poida xogar ó xadrez, os seu deseñadores tiveron que decirlle como facelo.

Seguramente, no texto sinxelamente se confunda intelixenza con capacidade de cálculo. Neste caso, o texto quedaría "Superou a capacidade de cálculo da máquina á do home?", pero a resposta sería evidente: si.

Dito todo isto, a partida tenme moito interés; non porque sexa un afecionado ó xadrez, senón por ver se unha persoa é capaz de pór colorados ós deseñadores de Deep Fritz ;)

Chuzame! chúzame -

3 Responses to “Kramnik contra a máquina?”

  1. 1 Dan

    Vladimir Kramnik será campión do mundo, pero é feo de carallo; recórdame ó típico personaxe paranornal secundaria de Expediente X; que medo…

  2. 2 Xosé Otero

    Ai dios! :D Un comentario do máis visceral… Algún trauma infantil co xadrez???

  1. 1 Kramnik 4-2 Deep Fritz at Cousas de xentiña

Leave a Reply





Categories

Calendario

novembro 2006
L M M X V S D
« out   dec »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
3K2 theme by Hakan Aydin