Archive for novembro, 2006

Spam vía trackbacks

Dende setembro sentíame libre do spam neste blogue. Nese mes foi cando empecei a emprega-la imaxe antispam, que evitou que se recibisen comentarios con spam. Pero dende hai uns días está chegando spam vía trackbacks.

Debido ó xeito de funcionar dos trackbacks, dábame que a forma de resolver este tipo de spam non ía ser tan doada de implementar. Buscando na WordPress Plugin Database plugins antispam que tivesen no seu nome "trackback" atopei tres:

Ó final parece que non é tan difícil como eu pensaba.

Chuzame! chuzame -

"Ou volves antes das 12, ou este ano non saes!", dixéronlle os técnicos da NASA ó transbordador espacial Discovery.

Vía Slashdot entérome de que un erro no transbordador espacial Discovery podería retrasa-lo seu lanzamento. Intentarán que se poida lanzar antes do 17 ou 18 de decembro, pero se non é posible, esperarase ata o próximo ano. Por que? Segundo palabras de Wayne Hale, o encargado do programa do transbordador espacial, "os ordenadores do transbordador non foron deseñados para voar durante un cambio de ano".

O problema evidenciaríase ó chegar ás 12 da noite do 31 de decembro. Nese momento, mentres que para a Terra sería o 1 de xaneiro do 2007, para o transbordador sería o día 366 do 2006. Parece ser que, dende que no 2003 se producira o acidente do tranbordador espacial Columbia, este problema está solucionado, pero por precaución non se queren arriscar.

Chuzame! chuzame -

Crear paquetes .deb

Logotipo de debianCrear e manter un pacote para unha distribución non é unha tarefa doada. Crear un pacote require amplos coñecementos sobre o sistema de pacotes da distribución e coidado para pór as dependenzas correctas. Por outra banda, cada tipo de distribución ten o seu xeito particular de face-las cousas: así, as distribucións baseadas en .rpm crean un ficheiro na raíz do código fonte, mentres que as baseadas en .deb crean un subdirectorio cunha morea de ficheiros.

AGNIX publicou un artigo sobre a creación de pacotes deb onde se describe en profundiade como se crea un pacote debian, pero paréceme que para crear un pacote a nivel particular non é preciso meterse en tanto lío. Para facer un pacote para uso particular, sen preocuparse de dependezas, existe unha ferramenta chamada checkinstall que permite construír pacotes deb, rpm ou slackware de xeito moi doado.

Chuzame! chuzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month novembro, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

novembro 2006
L M M X V S D
« out   dec »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
3K2 theme by Hakan Aydin