Archive for Decembro, 2006
Python como verificación práctica de algoritmos
0 Comments Published Decembro 21st, 2006 in Programación
A informática está chea de problemas a resolver. Estes problemas poden ir de simples métodos para "calcula-la hipotenusa dun triángulo" ata outros máis complexos como a "simulación da máquina enigma". Para resolver estes problemas os programadores crean algoritmos.
Os algotirmos poden facer correctamente o seu cometido ou non, provocado por algún detalle que se lle pasou ó programador. Para verificar o correcto funcionamento dun algoritmo é preciso unha verificación práctica do algoritmo. Dependendo da linguaxe de programación en que se escriba ese algoritmo, face-la comprobación práctica pode ser moi lento. Por exemplo, nunha linguaxe compilada haberá que realizar varios ciclos de consistentes en modifica-lo código, compilar e executar para correxi-los posibles erros[0] do algoritmo. Na mentres, as linguaxes interpretadas ó non ter fase de compilación son moito más rápidas para o propósito de verificación práctica dos algoritmos.
chuzame -
Copio/pego/traduzo do anuncio da campaña BadVista[0]:
A Free Software Foundation (FSF) lanza hoxe BadVista.org, unha campaña con dúas metas: expoñer o dano inflixido sobre os usuarios de computadores polo novo Microsoft Windows Vista e promove-las alternativas de software libre que respetan a seguridade e dereitos de privacidade dos usuarios.
[0] Vía GNUticias.
chuzame - Aínda que pareza mentira, o título desta anotación refírese ós compoñentes dunha purificadora de auga
Se acostumades ver como cociña Karlos Arguiñano, como os meus pais, saberedes que emprega unha xerra purificadora de auga de marca BRITA. Na listaxe de preguntas máis frecuentes da súa web podemos atopar esta xoia:
Pregunta: O meu fillo rempeu o cartucho filtrante cun martelo e comeu parte do que contía... é perigoso?
Resposta: Tódolos materiais empregados nun cartucho filtrante Brita non son tóxicos[0], teñen unha calicade alimentaria máxima e non son perigosos. Especificamos a indicación "MANTER FORA DO ALCANCE DOS NENOS" como norma de sentido común... de feito, a ninguén lle gusta comer carbós e gránulos.
[0] É un problema de tradución ó castelán, debería pór "Ningún material empregado nun cartucho filtrante Brita é tóxico". Non atopei na FAQ en inglés esta pregunta.
chuzame - Hoxe comeza a VII Conferencia Internacional de UNIX en UNINET[0], ou UMeet 2006 para abreviar, que terá lugar durante unha semana (do 12 ata o 19 de decembro). Os relatorios realizaranse por IRC, na canle #linux do servidor irc.uninet.edu. Estes relatorios relizaranse en inglés e castelán ó mesmo tempo, grazas ás traducións simultántea do equipo de tradutores.
Para saber os relatorios que se van a realizar e cando, pódese consulta-lo programa (aviso: as horas do programa están en GMT, polo que hai que sumarlle unha hora).
Os relatorios máis interesantes, para min, son:
- KDE 4 o xoves, 14 de decembro, ás 20:00, por Aaron J. Seigo Calgary.
- Qt 4.2: Unha nova era para os desenvolvedores de Qt o sábado, 16 de decembro, ás 22:00, por Gustavo Paredes Kazak.
- Mandatory Access Control (MAC)[1] o luns, 18 de decembro, ás 20:00, por Borja Marcos Sarenet.
- Sesión de preguntas e respostas sobre a GPLv3 o martes, 19 de decembro ás 19:00, por Richard Stallman.
Actualización: Cambio do relatorio sobre a GPLv3, que agora será impartido por Stallman.
[0] Vía Barrapunto.
[1] Información sobre Mandatory Access Control.
chuzame -
Hoxe anunciouse, na lista de correo debian-devel-announce, a conxelación de Debian Etch, a próxima versión de debian. Debido a problemas internos do proxecto, os prazos previstos para a saída de Etch víronse retrasados.
Dende agora, en Etch non entrarán nin novos pacotes nin novas versións de pacotes xa existentes, só entrarán arranxos ós pacotes existentes (e de forma manual). Só falta que se arranxen tódolos Release Critical Bugs, para que a próxima versión de debian saia á luz.
En palabras de Andreas Barth, responsable da publicación de novas versións:
Etch is now frozen! Wheeeeeee!!!
Pódese ve-lo e-mail completo co anuncio no blogue de mares, portos e portas.
chuzame - 


