Archive for decembro 6th, 2006

Novell é a nova SCO

Groklaw analiza o pacto Novell-Microsoft[1] suliñando as similitudes entre SCO e Novell na loita contra a GPL. Hai uns anos, SCO meteuse nun xuízo contra IBM intentando probar a invalidez da GPL (o proceso acabou desvariando). Agora, cando se estaba a ver que o xuízo se decantaba definitivamente do lado de IBM, Novell pacta con Microsoft un acordo polo que Novell pode emprega-las patentes de Microsoft.

O caso SCO e Novell teñen dous puntos en común:

  1. Microsoft está detrás dos dous procesos. No caso de Novell directamente, e no caso de SCO ó apoia-la económicamente polo tempo en que empezaba o xuízo.
  2. Os dous casos provocan un recelo no mercado sobre a seguridade de apostar polo software libre, temendo por problemas xudiciais pola posibilidade de empregar código patentado por Microsoft.
Chuzame! chúzame -

Segundo un estudio do Institudo de Investigación das Nacións Unidas[1], un 2% da poboación posúe a metade da riqueza mundial, mentres que un 50% da poboación só posúe o 1% da riqueza mundial. O novidoso deste estudio, comparado con outros anteriores, é que se realizou cos datos de tódolos países do mundo e que se fala de riqueza, entendido coma o que se ten menos o que se debe, no lugar da renda.


[1] Vía Slashdot.

Chuzame! chúzame -

Kramnik 4-2 Deep Fritz

Rematou a partida entre Kramnik e Deep Fritz co resultado final de derrota de Kramnik por 4-2. Depois de todo, os deseñadores de Deep Fritz poderán seguir mirando ós ollos ás súas familias, ó se libraren  da vergoña.

Como curiosidade suliñar que Kramnik, xogador que se caracteriza por un estilo defensivo que ofrece poucos erros ó rival,  perdeu a segunda partida despois de cometer un "erro de principiante" (así foi calificados por expertos de xadrez). De seguro que Deep Fritz nunca cometería este tipo de erros, co que se confirma que Kramnik é humano.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day mércores, decembro 6th, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

decembro 2006
L M M X V S D
« nov   xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin