Archive for decembro 8th, 2006

gnuSimon Phipps, Chief OpenSource Officer de Sun, explica a razón pola que Java será "GPLv2 only"[0] polo de agora... E digo "polo de agora" porque o cambio á GPLv3 é moi prabable. Phipps falou con Richard Stallman sobre que Java saia coma "GPLv2 only", é dicir, sen o "or any later version", e estiveron dacordo coa motivación. De tódolos xeitos, pensa que posiblemente se cambiará a licenza á GPLv3 cando esta sexa oficial:

Sun non podía de boa fe comprometerse a empregar unha licenza non definitiva para unha base de código tan importante.

Espero que a poidamos empregar, pero eu non podo expresar esa esperanza comprometéndome por adiantado.

Phipps recorda que Sun estivo colaborando na elaboración da GPLv3 dende o principio e móstrase moi favorable coa nova versión da licenza:

Haberán máis borradores, máis comentarios e eu persoalmente estou seguro de que sairá unha licenza eficaz ó final do proceso a próxima primavera.


[0] Vía Barrapunto.

Chuzame! chúzame -

gnuNo artigo LinuxBIOS está listo para ser mainstream[1] coméntase, que despois de 7 anos de desenvolvemento, LinuxBIOS xa se pode tomar coma unha alternativa ás BIOS tradicionais. A pesares do longo periodo de desenvolvemento, foron nos últimos tempos cando LinuxBIOS empezou a coller moita forza, ata soportar máis dun millón de dispositivos. En 2005 recibiu o apoio da Free Software Fundation ó entender que a BIOS é o último software nun PC para o que non hai equivalente en software libre. No presente ano o proxecto One Laptop per Child decidiu distribuí-los seus portátiles con LinuxBIOS.

As avantaxes de LinuxBIOS fronte ás BIOS tradicionais son:

  1. É software libre.
  2. Contén menos erros ó estar programado en C (non contén código en ensamblador).
  3. Pódese engadir soporte a novos dispositivos máis rápidamente (por estar programado nunha linguaxe de alto nivel).
  4. Posúe máis características e ocupa menos.
  5. Permite arrinca-lo sistema máis rápido.

Intel ten un remprazo para a BIOS chamado EFI, pero que está deseñado para soportar o DRM.


[1] Vía OSNews.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day venres, decembro 8th, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

decembro 2006
L M M X V S D
« nov   xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin