Archive for decembro 11th, 2006

Debian Etch conxelada

Logotipo de debianHoxe anunciouse, na lista de correo debian-devel-announce, a conxelación de Debian Etch, a próxima versión de debian. Debido a problemas internos do proxecto, os prazos previstos para a saída de Etch víronse retrasados.

Dende agora, en Etch non entrarán nin novos pacotes nin novas versións de pacotes xa existentes, só entrarán arranxos ós pacotes existentes (e de forma manual). Só falta que se arranxen tódolos Release Critical Bugs, para que a próxima versión de debian saia á luz.

En palabras de Andreas Barth, responsable da publicación de novas versións:

Etch is now frozen! Wheeeeeee!!!

Pódese ve-lo e-mail completo co anuncio no blogue de mares, portos e portas.

Chuzame! chúzame -

Como así se indica ó pe de tódalas páxinas do blogue (nun correcto inglés).

Onte Pedro Silva anunciou a dispoñibilidade de tres novos engadidos para os blogues de blogaliza, entre eles Spam Karma 2. Spam Karma 2 pretende evita-lo spam tanto en comentarios como en trackbacks. Xa había outro engadido para evita-lo spam nos comentarios, a imaxe antispam nos comentarios, que desactivei.

Espero que acabe co spam vía trackbacks que recibía. Polo momento aguantou ben o primeiro día, e como tamén se di ó pe da páxina, xa bloqueou 4 trackbacks con spam :)

Actualización: 113 mensaxes de spam, entre comentarios e trackbacks, detectados nunha semana!

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day luns, decembro 11th, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

decembro 2006
L M M X V S D
« nov   xan »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
3K2 theme by Hakan Aydin