Este blogue está protexido por Spam Karma 2
Published decembro 11th, 2006 in As miñas cousasComo así se indica ó pe de tódalas páxinas do blogue (nun correcto inglés).
Onte Pedro Silva anunciou a dispoñibilidade de tres novos engadidos para os blogues de blogaliza, entre eles Spam Karma 2. Spam Karma 2 pretende evita-lo spam tanto en comentarios como en trackbacks. Xa había outro engadido para evita-lo spam nos comentarios, a imaxe antispam nos comentarios, que desactivei.
Espero que acabe co spam vía trackbacks que recibía. Polo momento aguantou ben o primeiro día, e como tamén se di ó pe da páxina, xa bloqueou 4 trackbacks con spam
Actualización: 113 mensaxes de spam, entre comentarios e trackbacks, detectados nunha semana!
chúzame -




Xa notara que non aparecía a “palabra-imaxe” antispam ó enviar os comentarios; pensaba que era cousa da Wii
Agora, cando fagas reconto das estadísticas, tamén pódexlle dedicar un apartado ó spam.
Aínda así, coma se controlan os falsos positivos?
Tira un pouco mal Glogaliza a estas horas…
Boh™!
>> Aínda así, coma se controlan os falsos positivos?
Moi sinxelo. Como tiven que facer cos teus últimos 8 comentarios
O filtro anti spam non elimina os comentarios/trackbacks que detecta coma spam, só os mete nunha cola de spam. Os comentarios/trackbacks da cola de spam pódense rescatar ou eliminar definitivamente.
Ós comentarios dánselle unha puntuación. Os que teñen puntuación negativa son spam, os que teñen puntuación positiva non o son. O curioso cos teus comentarios (non sei se foi por enviar tantos repetidos ou por envia-la mesmo texto 4 veces seguidas) foi que revisou 2 comentarios teus que foran anteriormente calificados coma spam e mandounos á cola de spam
>> Tira un pouco mal Glogaliza a estas horas…
Non. Os teus comentarios foron detectados coma spam e non se publicaban :p
>> Boh™!
Spammer!
O primeiro xa o detectou coma spam, xa que ó intentar reenvialo coma fixen decíame que exe comentario xa exisía.
Pensaba que era cousa de Blogaliza.