Archive for decembro 12th, 2006
Hoxe comeza a VII Conferencia Internacional de UNIX en UNINET[0], ou UMeet 2006 para abreviar, que terá lugar durante unha semana (do 12 ata o 19 de decembro). Os relatorios realizaranse por IRC, na canle #linux do servidor irc.uninet.edu. Estes relatorios relizaranse en inglés e castelán ó mesmo tempo, grazas ás traducións simultántea do equipo de tradutores.
Para saber os relatorios que se van a realizar e cando, pódese consulta-lo programa (aviso: as horas do programa están en GMT, polo que hai que sumarlle unha hora).
Os relatorios máis interesantes, para min, son:
- KDE 4 o xoves, 14 de decembro, ás 20:00, por Aaron J. Seigo Calgary.
- Qt 4.2: Unha nova era para os desenvolvedores de Qt o sábado, 16 de decembro, ás 22:00, por Gustavo Paredes Kazak.
- Mandatory Access Control (MAC)[1] o luns, 18 de decembro, ás 20:00, por Borja Marcos Sarenet.
- Sesión de preguntas e respostas sobre a GPLv3 o martes, 19 de decembro ás 19:00, por Richard Stallman.
Actualización: Cambio do relatorio sobre a GPLv3, que agora será impartido por Stallman.
[0] Vía Barrapunto.
[1] Información sobre Mandatory Access Control.
chúzame - 


