Archive for decembro 13th, 2006
Aínda que pareza mentira, o título desta anotación refírese ós compoñentes dunha purificadora de auga
Se acostumades ver como cociña Karlos Arguiñano, como os meus pais, saberedes que emprega unha xerra purificadora de auga de marca BRITA. Na listaxe de preguntas máis frecuentes da súa web podemos atopar esta xoia:
Pregunta: O meu fillo rempeu o cartucho filtrante cun martelo e comeu parte do que contía... é perigoso?
Resposta: Tódolos materiais empregados nun cartucho filtrante Brita non son tóxicos[0], teñen unha calicade alimentaria máxima e non son perigosos. Especificamos a indicación "MANTER FORA DO ALCANCE DOS NENOS" como norma de sentido común... de feito, a ninguén lle gusta comer carbós e gránulos.
[0] É un problema de tradución ó castelán, debería pór "Ningún material empregado nun cartucho filtrante Brita é tóxico". Non atopei na FAQ en inglés esta pregunta.
chúzame - 


