Archive for decembro, 2006
Este blogue está protexido por Spam Karma 2
3 Comments Published decembro 11th, 2006 in As miñas cousasComo así se indica ó pe de tódalas páxinas do blogue (nun correcto inglés).
Onte Pedro Silva anunciou a dispoñibilidade de tres novos engadidos para os blogues de blogaliza, entre eles Spam Karma 2. Spam Karma 2 pretende evita-lo spam tanto en comentarios como en trackbacks. Xa había outro engadido para evita-lo spam nos comentarios, a imaxe antispam nos comentarios, que desactivei.
Espero que acabe co spam vía trackbacks que recibía. Polo momento aguantou ben o primeiro día, e como tamén se di ó pe da páxina, xa bloqueou 4 trackbacks con spam
Actualización: 113 mensaxes de spam, entre comentarios e trackbacks, detectados nunha semana!
chúzame -
Simon Phipps, Chief OpenSource Officer de Sun, explica a razón pola que Java será "GPLv2 only"[0] polo de agora... E digo "polo de agora" porque o cambio á GPLv3 é moi prabable. Phipps falou con Richard Stallman sobre que Java saia coma "GPLv2 only", é dicir, sen o "or any later version", e estiveron dacordo coa motivación. De tódolos xeitos, pensa que posiblemente se cambiará a licenza á GPLv3 cando esta sexa oficial:
Sun non podía de boa fe comprometerse a empregar unha licenza non definitiva para unha base de código tan importante.
Espero que a poidamos empregar, pero eu non podo expresar esa esperanza comprometéndome por adiantado.
Phipps recorda que Sun estivo colaborando na elaboración da GPLv3 dende o principio e móstrase moi favorable coa nova versión da licenza:
Haberán máis borradores, máis comentarios e eu persoalmente estou seguro de que sairá unha licenza eficaz ó final do proceso a próxima primavera.
[0] Vía Barrapunto.
chúzame -
No artigo LinuxBIOS está listo para ser mainstream[1] coméntase, que despois de 7 anos de desenvolvemento, LinuxBIOS xa se pode tomar coma unha alternativa ás BIOS tradicionais. A pesares do longo periodo de desenvolvemento, foron nos últimos tempos cando LinuxBIOS empezou a coller moita forza, ata soportar máis dun millón de dispositivos. En 2005 recibiu o apoio da Free Software Fundation ó entender que a BIOS é o último software nun PC para o que non hai equivalente en software libre. No presente ano o proxecto One Laptop per Child decidiu distribuí-los seus portátiles con LinuxBIOS.
As avantaxes de LinuxBIOS fronte ás BIOS tradicionais son:
- É software libre.
- Contén menos erros ó estar programado en C (non contén código en ensamblador).
- Pódese engadir soporte a novos dispositivos máis rápidamente (por estar programado nunha linguaxe de alto nivel).
- Posúe máis características e ocupa menos.
- Permite arrinca-lo sistema máis rápido.
Intel ten un remprazo para a BIOS chamado EFI, pero que está deseñado para soportar o DRM.
[1] Vía OSNews.
chúzame - Groklaw analiza o pacto Novell-Microsoft[1] suliñando as similitudes entre SCO e Novell na loita contra a GPL. Hai uns anos, SCO meteuse nun xuízo contra IBM intentando probar a invalidez da GPL (o proceso acabou desvariando). Agora, cando se estaba a ver que o xuízo se decantaba definitivamente do lado de IBM, Novell pacta con Microsoft un acordo polo que Novell pode emprega-las patentes de Microsoft.
O caso SCO e Novell teñen dous puntos en común:
- Microsoft está detrás dos dous procesos. No caso de Novell directamente, e no caso de SCO ó apoia-la económicamente polo tempo en que empezaba o xuízo.
- Os dous casos provocan un recelo no mercado sobre a seguridade de apostar polo software libre, temendo por problemas xudiciais pola posibilidade de empregar código patentado por Microsoft.
chúzame - Segundo un estudio do Institudo de Investigación das Nacións Unidas[1], un 2% da poboación posúe a metade da riqueza mundial, mentres que un 50% da poboación só posúe o 1% da riqueza mundial. O novidoso deste estudio, comparado con outros anteriores, é que se realizou cos datos de tódolos países do mundo e que se fala de riqueza, entendido coma o que se ten menos o que se debe, no lugar da renda.
[1] Vía Slashdot.
chúzame - 


