Archive for Xaneiro, 2007

A principal virtude do home fronte a outras especies é a súa capacidade de adaptación. Esta característica fixo que, aínda que non sexámo-lo animal máis rápido nin o máis forte, poideramos chegar ata onde hoxe estamos.

Os ancestros do home vivían nas árbores. Só se baixaban delas para pasar dunha árbore a outra. Pero chegou un momento en que os ancestros dos home empezaron a súa evolución. Baixaron das árbores e empezaron a erguerse. Grazas a este paso conseguiron libera-las mans e empezar a facer ferramentas.

Chegado a un momento, a humanidade empezou a domesticar animais. Deste xeito conseguía obter comida dun xeito máis sinxelo, xa que tiña a comida a man e non a tiña que ir cazar. Outras das consecuencias da domesticación de animais foi que o home descubreu os medios de transporte. Montándose nun cabalo podía percorrer distancias máis longas e rápido do que nunca antes poidera facer. A evolución dos medios de tramsporte chegou ata os nosos días, con vehículos que nos permiten saír do planeta.

Existen infinitos exemplos da nosa capacidade de adaptación ós medios. A capacidade de facer e empregar ferramentas é o que nos distinguiu do resto dos animais. Esta capacidade foi o que nos permitiu adaptarnos a entornos que non nos eran favorables e dominalos. Agora ben, que pasa cando alguén decide que temos que deixar de aproveitarnos da nosa característica definitoria?

No século pasado, coa creación das primeiras computadoras, o home conseguiu unha ferramenta que lle permitía, por un lado, facer cálculos dun xeito máis rápido e preciso e, por outro lado, almacenar grandes cantidades de información. Co paso das décadas, esta ferramenta foise mellorando ata permiti-lo almacenamento de distintos tipos de información: textos, fotografías, música, vídeo, etc. As computadoras permitían algo nunca visto ata o de agora: duplicar un obxeto cun custe marxinal cero.

Hai un par de décadas pensouse que sería interesante poder conectar uns ordenadores que estivesen separados por distancias longas para que poideran compartir información. Así, creouse o que hoxe coñecemos como internet. Grazas á unión das computadoras e de internet conseguiuse un xeito de duplicar información e transferi-la por todo o mundo. Este é un dos nosos maiores logros ata o momento, se é que non é o maior.

Lamentablemente, hai xente contraria á nosa natural evolución. Hai xente que prefire quitarnos a capacidade de compartir información dun xeito máis doado para o beneficio duns poucos. Esta xente defende a involución. Non é a primeira vez que involucionamos, pero unha cousa está clara: de seguro que se damos un paso para atrás na evolución, dentro de máis ou menos tempo virá outro renacemento.

É inevitable. É a nosa natureza, o que somos e como o conseguimos ser.

Chuzame! chuzame -

Dende hai bastante tempo estiven pensando nunha idea para un novo proxecto, pero ata hai uns meses non me puxen a traballar seriamente nel. Simple World é a simulación dun mundo moi sinxelo. Neste mundo viven unhas formas de vida moi sinxelas: os bichos (bugs en inglés). Estes bichos poden facer acións moi sinxelas: moverse, atacar, reproducirse, etc. O seu obxetivo é a supervivenza, polo que terán que loitar os uns cos outros.

Os bichos teñen un código (o seu ADN) onde se definen as acións que realizan. Este código debe ser programado, pero unha vez que os bichos se reproducen este código pode experimentar mutacións (eliminación de partes do código, engadidos de código aleatorio ou desordeación do código). Así pois, despois de varias xeracións de bichos, o código orixinal (o programado) e o executado por un bug poden variar moito.

Chuzame! chuzame -

gnueWEEK está a informar de que, segundo fontes anónimas próximas a Sun, Solaris poderíase licenciar baixo a GPLv3 (e maila CDDL)[0]. Hai que salientar que polo de agora non é máis que un rumor posto que ninguén de Sun dixo nada ó respeto oficialmente. Como aclaración á posible dobre licenza de Solaris aclarar que cando un producto ten varias licenzas o usuario ten a liberdade de elexir entre elas a que mellor se adapte ás súas necesidades.

A fonte de eWEEK comenta que:

A próxima versión de Solaris incluirá cousas como as aplicacións GNU, o que xa se intentou con OpenSolaris, mentras que outras solucións de código aberto de outras comunidades para cousas coma a xestión de pacotes tamén parecen moi prometedoras. Licenciar OpenSolaris baixo as licenzas CDDL e GPLv3 podería facer que isto suceda máis facilmente.

Chuzame! chuzame -

BadVistaEsta anotación é unha tradución de Analysis of Microsoft's Suicide Note (part 1) publicado en BadVista.org polo experto en seguridade Oliver Day. O meu inglés está limitado ó inglés técnico (informática), polo que a tradución pode non ser 100% correcta, pero cando menos o espírito do texto si que quedou plasmado.

Nunha controvertida análise técnica Peter Gutmann entrou en detalle sobre o sistema operativo recentemente lanzado Windows Vista e o seu esquema (n. t.: scheme no orixinal) de proteción de contido. Unha cousa fíxose evidente para min despois de ler esta análise. Microsoft Vista está publicitado para os creadores de contido, non para os consumidores. Se Windows XP foi o intento de Microsoft de incrustra-lo navegador web no sistema operativo entón Microsoft Vista é o intento de incrustrar DRM. A tecnoloxía Digital Rights Management aplicouse literalmente a cada parte da arquitectura do sistema operativo.

Chuzame! chuzame -

O próximo 30 de xaneiro estará dispoñible para os usuarios de a pé Windows Vista. Segundo Microsoft, durante o desenvolvemento do novo sistema operativo centráronse principalmente na seguridade, para así intentar facer esquecer ós usuarios a asociación entre Windows e sistema inseguro. A seguridade de todo sistema operativo que se conecte a internet é importante para tódolos usuarios da rede, aínda que non o usen, pero máis aínda tendo en conta que é o sistema operativo dominante (máis do 90% do mercado).

A ledicia desaparece ó enterase de que na mellora da seguridade de Windows Vista estivo involucrada a NSA[0] (Axencia Nacional de Seguridade estadounidense). A NSA ten dúas misións: a primeira é defende-las comunicacións dos Estados Unidos para que non sexan interceptadas e a segunda é intercepta-las comunicacións do resto do mundo. Así, a NSA é a impulsora de ECHELON, a rede internacional de captación de comunicacións por múltiples canais (internet, teléfono, etc). Quen nos pode asegurar que a NSA non introduciu no código de Windows Vista algún tipo de porta traseira para poder entrar no equipo cando queira? Ou que non envía a información do equipo á súa sede? Neste caso o termo spyware estaría mellor empregado que nunca.

Si, poderei ser un paranoico, pero a miña paranoia tería arranxo se Windows Vista fose software libre. Así que, este caso é unha razón práctica para defende-lo software libre sobre o privativo en termos de seguridade.


[0] Vía OSnews.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Xaneiro, 2007.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Xaneiro 2007
L M M X V S D
« Dec   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin