As parénteses en python
Published xaneiro 1st, 2007 in Humor, Programación
Para empeza-lo ano, nada mellor que le-las propostas de melloras para python 3000. Python 3000 chamarase Python 3.0 cando saia (seguramente o ano que ven), unha versión que traerá cambios importantes na linguaxe xunto con incompatibilidades co código escrito para a versión actual (python 2.x). Mirando as cousas que non cambiarán, atopei esta xoia:
xose@debian:~$ python
Python 2.4.4 (#2, Oct 20 2006, 00:23:25)
[GCC 4.1.2 20061015 (prerelease) (Debian 4.1.1-16.1)] on linux2
Type "help", "copyright", "credits" or "license" for more information.
>>> from __future__ import braces
File "<stdin>", line 1
SyntaxError: not a chance
>>>
En resume, nuuuuuuuuuuuuuuunca haberá parénteses ({ ou }) en python (alomenos para separar bloques de código).
Relacionado: O Zen de python.
chúzame -




0 Responses to “As parénteses en python”
Please Wait
Leave a Reply