Archive for xaneiro 11th, 2007

VDriftVDrift é un simulador de carreiras de código aberto. O nome deste xogo deriva de drift, unha técnica de condución consistente en derrapar. Tendo en conta de onde ver o seu nome, podemos pensar, acertadamente, que se presta especial importanza á correcta simulación da física dos coches. Unha das características deste xogo é a súa alta calidade gráfica dos circuítos, con moitos detalles que se agradecen.

As comparacións son odiosas, pero falando de simulación de carreiras e de software libre, temos que falar de TORCS. TORCS é un xogo feito e dereito, con moitos anos de desenvolvemento, mentres que VDrift aínda non ten ben dous anos de desenvolvemento. Isto nótase en algún que outro bloqueo que podemos atopar en VDrift e en que o sistema de varios xogadores está nunha fase moi inicial. A sensación é que VDrift se achega máis á realidade que TORCS.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day xoves, xaneiro 11th, 2007.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

xaneiro 2007
L M M X V S D
« dec   feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin