Archive for xaneiro 17th, 2007
Sun podería licenciar Solaris baixo a GPLv3
0 Comments Published xaneiro 17th, 2007 in Software Libre
eWEEK está a informar de que, segundo fontes anónimas próximas a Sun, Solaris poderíase licenciar baixo a GPLv3 (e maila CDDL)[0]. Hai que salientar que polo de agora non é máis que un rumor posto que ninguén de Sun dixo nada ó respeto oficialmente. Como aclaración á posible dobre licenza de Solaris aclarar que cando un producto ten varias licenzas o usuario ten a liberdade de elexir entre elas a que mellor se adapte ás súas necesidades.
A fonte de eWEEK comenta que:
A próxima versión de Solaris incluirá cousas como as aplicacións GNU, o que xa se intentou con OpenSolaris, mentras que outras solucións de código aberto de outras comunidades para cousas coma a xestión de pacotes tamén parecen moi prometedoras. Licenciar OpenSolaris baixo as licenzas CDDL e GPLv3 podería facer que isto suceda máis facilmente.
chúzame - 


