Archive for xaneiro 22nd, 2007
O meu novo proxecto: Simple World
2 Comments Published xaneiro 22nd, 2007 in Simple World, Software LibreDende hai bastante tempo estiven pensando nunha idea para un novo proxecto, pero ata hai uns meses non me puxen a traballar seriamente nel. Simple World é a simulación dun mundo moi sinxelo. Neste mundo viven unhas formas de vida moi sinxelas: os bichos (bugs en inglés). Estes bichos poden facer acións moi sinxelas: moverse, atacar, reproducirse, etc. O seu obxetivo é a supervivenza, polo que terán que loitar os uns cos outros.
Os bichos teñen un código (o seu ADN) onde se definen as acións que realizan. Este código debe ser programado, pero unha vez que os bichos se reproducen este código pode experimentar mutacións (eliminación de partes do código, engadidos de código aleatorio ou desordeación do código). Así pois, despois de varias xeracións de bichos, o código orixinal (o programado) e o executado por un bug poden variar moito.
chúzame - 


