Comentarios en: O meu novo proxecto: Simple World http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/22/o-meu-novo-proxecto-simple-world/ De software libre, política e as miñas cousas. Sun, 19 May 2013 14:09:18 +0000 hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Por: A miña primeira vez at Cousas de xentiña http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/22/o-meu-novo-proxecto-simple-world/comment-page-1/#comment-2421 Mon, 26 Feb 2007 22:58:31 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/22/o-meu-novo-proxecto-simple-world/#comment-2421 […] Chegou un momento en que quixen ser parte activa do software libre, dar os meus primeiros pasos como desenvolvedor de software libre. Fun ó sinxelo, ou iso pensaba eu inocentemente naquel momento. Primeiro foi DMN Modular Netgame, un nome pomposo para o que pretendía ser un programa de dominó. Demostrouse que non era motifación suficiente tentar facer algo en grupo (fracaso case total) e practicar para proxectos máis grandes. Pasou o tempo e un día o meu pai achegoume o xornal Marca e díxome que non sería capaz de resolver o sudoku en determinado tempo. Así chegou Python Sudoku, un programa para crear e resolver sudokus (en vez de pensar en resolver o sudoku pensei en como programaría un programa para resolve-los, deformación profesional). Durante un ano a motivación foi tentar crear sudokus que non dera resolto o meu pai, o cal acabou sucedendo co que o proxecto quedou en segundo plano. Python Sudoku significou un grande éxito para min: máis de 12000 descargas ata agora do programa (unha media de 15 descargas diarias) e varias persoas interesadas no programa aportando parches para o código. Agora tenme absorto Simple World, un proxecto polo que quixen ser programador: crear un mundo virtual. Dende logo, Simple World é o proxecto máis grande no que me metín nunca. Grazas a el estou tendo que me documentar coma nunca e tamén estou tendo que buscar como se implementa determinada funcionalidade en bibliotecas básicas para o sistema operativo. […]

]]>
Por: chuza.org http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/22/o-meu-novo-proxecto-simple-world/comment-page-1/#comment-2004 Mon, 29 Jan 2007 10:04:44 +0000 http://xoseotero.blogaliza.org/2007/01/22/o-meu-novo-proxecto-simple-world/#comment-2004 Simple World, proxecto galego GPL…

Xosé Otero vén de anunciar na na súa bitácora que comezou un novo proxecto con licenza GPL, nomeado Simple World e aloxado en Sourceforge.
Simple World é a simulación dun mundo moi sinxelo. Neste mundo viven unhas formas de vida moi sinxelas: o…

]]>