Archive for xaneiro, 2007

VDriftVDrift é un simulador de carreiras de código aberto. O nome deste xogo deriva de drift, unha técnica de condución consistente en derrapar. Tendo en conta de onde ver o seu nome, podemos pensar, acertadamente, que se presta especial importanza á correcta simulación da física dos coches. Unha das características deste xogo é a súa alta calidade gráfica dos circuítos, con moitos detalles que se agradecen.

As comparacións son odiosas, pero falando de simulación de carreiras e de software libre, temos que falar de TORCS. TORCS é un xogo feito e dereito, con moitos anos de desenvolvemento, mentres que VDrift aínda non ten ben dous anos de desenvolvemento. Isto nótase en algún que outro bloqueo que podemos atopar en VDrift e en que o sistema de varios xogadores está nunha fase moi inicial. A sensación é que VDrift se achega máis á realidade que TORCS.

Chuzame! chúzame -

Carlos Ruíz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago, publicou un artigo co título "Nuevo ataque al castellano en Galicia"[0]. Neste artigo afirma, como especialista na materia, que é anticonstitucional que unha lei a nivel galego estableza o deber de coñece-lo galego. Esta afirmación susténtaa no feito de que o artigo 3 da Constitución Española di:

El castellano es la lengua oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla [...] Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus respectivos Estatutos.

Deste artigo, Carlos Ruíz Miguel extrae que:

Todos los ciudadanos tienen derecho a usar la lengua castellana (y, por otro lado, no tienen el deber de conocer el gallego –ni el catalán–).

Chuzame! chúzame -

As parénteses en python

pythonPara empeza-lo ano, nada mellor que le-las propostas de melloras para python 3000. Python 3000 chamarase Python 3.0 cando saia (seguramente o ano que ven), unha versión que traerá cambios importantes na linguaxe xunto con incompatibilidades co código escrito para a versión actual (python 2.x). Mirando as cousas que non cambiarán, atopei esta xoia:

xose@debian:~$ python
Python 2.4.4 (#2, Oct 20 2006, 00:23:25)
[GCC 4.1.2 20061015 (prerelease) (Debian 4.1.1-16.1)] on linux2
Type "help", "copyright", "credits" or "license" for more information.
>>> from __future__ import braces
File "<stdin>", line 1
SyntaxError: not a chance
>>>

En resume, nuuuuuuuuuuuuuuunca haberá parénteses ({ ou }) en python (alomenos para separar bloques de código).

Relacionado: O Zen de python.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month xaneiro, 2007.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

xaneiro 2007
L M M X V S D
« dec   feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin