Archive for Febreiro, 2007

En toda comunicación hai un emisor e un receptor. Entre a Unión Europea e a cidadanía hai moito ruído de fondo que nos impide, ós cidadáns, enterarnos do que andan a facer. Non sei en que lado da comunicación se produce o problema, pero este existe e é moi grave.

Un caso recente: hoxe entereime de casualidade de que se ía producir no parlamento europeo unha votación sobre a criminalación das descargas de internet con copyright. Votación que nos importa a todos e que pasou bastante desapercibida.

O problema poida que estexa no destino e non na orixe. Para que están os medios de comunicación (tradicionais) estatais? Quizais deberían intentar informar menos das pelexas de patio entre PSOE e PP. Poida que prefiran informar da implantación da directiva europea, cando xa non se pode facer nada.

Menos mal que existe internet... Medio grazas ó que se ten movilizado a cidadanía para intentar loitar contra votacións do Parlamento Europeo. Como por exemplo as movilizazións contra a implantación das patentes de software en Europa.

Chuzame! chuzame -

Acábase de publicar un artigo en Linux-Watch no que se se comenta a recente campaña Show us the code. Neste artigo coméntase que a campaña está mal enfocada, que o problema son as patentes de software e non o FUD de Microsoft. Para loitar contra as patentes de software pódese apoiar a PUBPAT, a Linux Foundation's patent commons ou a SFLC (Software Freedom Law Center).

Tradución de parte do artigo orixinal:

Na última campaña FUD (das siglas das palabras en inglés medo, incertidume e dúbidas) de Microsoft --non vos equivoquedes, íso é o que é isto-- Ballmer non está a afirmar que Linux conteña algún tipo de violación do copyright de Microsoft. Isto era, no seu día, o que afirmaba SCO, non Microsoft.

Neste asalto contra Linux, Ballmer está facendo alusión a que Linux está infrinxindo o enorme cartafol de patentes que posúe Microsoft. E, cando se refire a patentes, non se ten que ensinar "código" algún.

Esa é parte do erro diabólico, como o vexo eu, do sistema de patentes americano. Con moitas, quizais a maioría, das patentes de software non hai unha linguaxe específica, un código, tan só descripcións de procesos xenerais que poden ser implementados de moitos xeitos.
Como Bradley M. Kuhn, director executivo da Free Software Fundation (FSF) me dixo hai uns anos, é "difícil escribir hoxe calquera programa de software --sendo software libre ou privativo-- dende cero que non empregue as ensinanzas de algunha patente de software nos Estados Unidos".

Chuzame! chuzame -

A miña primeira vez

Si, parece que só pasou un instante, pero levo rodeado de software libre dende hai... nove anos. Dende o momento en que me explicaron de que ía o software libre non me puiden resistir ós seus encantos. Como resistirse á idea de expandi-la liberdade da xente? Unha vez que descubres a liberdade que da o software libre, queres que os demais tamén disfruten dela. Dende ese primeiro momento intentei difundir, aínda que humildemente, os seus valores e as súas avantaxes ós que me rodeaban.

Empecei coma usuario. Disfrutaba dunha grande cantidade de software que podía empregar sen remordementos morais. Para case que cada necesidade tiña varias ferramentas á miña disposición. Ahí é onde se ve o liberalismo radical do mercado do software libre: cando non hai ningún custe ó cambiar de ferramenta, só empregas o mellor. O bonito do software libre é que a definición de custe é de mellor na frase anterior é totalmente subxectiva.

Sempre me interesou a programación, dende pequeno. Algunha vez tiven a curiosidade de querer saber como facía tal aplicación para facer tal outra cousa. Nunca tiven problemas para o descubrir; só tiña que baixarme as fontes da tal aplicación, buscar onde se implementaba tal outra cousa e estudia-lo código. Esta é unha avantaxe para un programador, pero o único que fai que non sexas programador é o tamaño da túa curiosidade. Co software libre é sinxelo aprender a programar: tes cantidades industriais de exemplos á túa disposición en forma de código de uso real (cos libros apréndese a sintaxe dunha linguaxe, co código dos expertos aprender a programar).

Chegou un momento en que quixen ser parte activa do software libre, dar os meus primeiros pasos como desenvolvedor de software libre. Fun ó sinxelo, ou iso pensaba eu inocentemente naquel momento. Primeiro foi DMN Modular Netgame, un nome pomposo para o que pretendía ser un programa de dominó. Demostrouse que non era motifación suficiente tentar facer algo en grupo (fracaso case total) e practicar para proxectos máis grandes. Pasou o tempo e un día o meu pai achegoume o xornal Marca e díxome que non sería capaz de resolver o sudoku en determinado tempo. Así chegou Python Sudoku, un programa para crear e resolver sudokus (en vez de pensar en resolver o sudoku pensei en como programaría un programa para resolve-los, deformación profesional). Durante un ano a motivación foi tentar crear sudokus que non dera resolto o meu pai, o cal acabou sucedendo co que o proxecto quedou en segundo plano. Python Sudoku significou un grande éxito para min: máis de 12000 descargas ata agora do programa (unha media de 15 descargas diarias) e varias persoas interesadas no programa aportando parches para o código. Agora tenme absorto Simple World, un proxecto polo que quixen ser programador: crear un mundo virtual. Dende logo, Simple World é o proxecto máis grande no que me metín nunca. Grazas a el estou tendo que me documentar coma nunca e tamén estou tendo que buscar como se implementa determinada funcionalidade en bibliotecas básicas para o sistema operativo.

Coma se fose un propósito de aninovo, dos poucos que se acaban cumprindo, este ano fixen algo que nunca fixera: colaborar en proxectos de software libre (proxectos que inclúen funcionalidade que precisarei para Simple World) con pequenos parches. Para XySSL, unha biblioteca criptográfica, enviei un pequeno parche para facer que o código se poidese compilar cun compilador de C++ (g++, dende logo) e correxín un pequeno buffer overflow. Para SQLite3x, un wrapper de SQLite3 para C++, aportei varios parches, algún deles engadindo algunha pequena funcionalidade.

Grazas ás aportacións que fixen a SQLite3x o seu principal desenvolvedor ofreceume ter acceso ó seu CVS para que poidera face-los cambios directamente, sen ter que enviar os parches á lista de correo. Con isto, dou por rematado rematando o meu pequeno círculo do software libre: empezar de usuario para acabar como desenvolvedor dun proxecto non empezado por min. Rematar este círculo poida que non sexa unha meta importante en xeral, pero si que o é para min. O raro é que non me decatara da importanza deste círculo hasta este día :)

Chuzame! chuzame -

Show us the code

Hoxe lanzouse a campaña Show us the code[0]. Esta campaña ven motivada polas reiteradas declaracións de Steve Ballmer sobre que Linux (o kernel) emprega técnicas patentadas por Microsoft[1]. Así, pédeselle a Steve Ballmer nunha carta pública que diga que partes do código de Linux infrinxe as súas patentes para que se poidan eliminar e así deixar un código libre de patentes.

No caso de que ningún fragmento de código sexa apuntado, significará que non existe código baixo patentes de Microsoft ou que Microsoft emprega as patentes para atacar á competenza e non para defende-lo esforzo da investigación. Sexa como sexa, se esta campaña colle forza Steve Ballmer non poderá seguir lanzando estas acusacións posto que se hai patentes violadas por Linux será pola falta de interese real de Microsoft para evitalo.


[0] Via Slashdot.
[1] As últimas declaracións a este respeto producíronse hai uns días ó explicar que o fundamento do acordo con Novell son as patentes.

Chuzame! chuzame -

Licenza de SQLite

Andando polo código fonte de SQLite atopei unha xoia (ou poida que despois de ler código calquera cousa parece graciosa). SQLite no lugar dunha das licenzas de software libre típicas ten este texto:

O autor denega o copyright (dereito de copia) a este código fonte. No lugar dun aviso legal, aquí está unha bendición:

Está nas túas mans face-lo ben e non o mal.
Está nas túas mans atopa-lo perdón para ti mesmo e perdoa-los demais.
Está nas túas mans compartir libremente, nunca tomar máis do que des.

Con todo, non chega ó bla bla bla da bla bla bla licenza do logotipo "Python Powered", esta última é bla bla bla.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Febreiro, 2007.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Febreiro 2007
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
3K2 theme by Hakan Aydin