Un par de respostas sobre Simple World
Published febreiro 1st, 2007 in Simple WorldDespois da inexperada publicidade que recibiu Simple World fíxeronme dúas preguntas sobre o proxecto.
Por que se emprega ensamblador para o código dos bichos e non unha linguaxe de alto nivel?
Noutros proxectos similares créanse robots que pelexan os uns cos outros. O código destes robots é un programa executado pola propia máquina, polo que pode estar escrito en calquera linguaxe de programación.
Simple World é un pouco máis complexo que este tipo de proxectos. En Simple World os bichos pódense reproducir, co que, o número de bichos que poden estar vivos nun determinado momento pode ser grande podendo saturar a máquina se houbese un proceso por bicho. A solución é facer que todo Simple World sexa un proceso que vaia executando unha fracción do código dos bichos un detrás do outro. Ademais, deste xeito conséguese que tódolos bichos teñan o mesmo tempo de CPU e non se depende do planificador de procesos do sistema operativo.
Había que definir unha linguaxe para o código do bicho. Unha linguaxe de baixo nivel garante dispersión do código, co que unha variación nel (mutación do código na reprodución) é máis fácil que non modifique drasticamente o resultado.
Por que non se subiu o proxecto á forxa de mancomún.org?
Estíveno mirando, pero ó final decanteime por Source Forge. A razón foi que ó estar en galego impide que xente con outra lingua poida participar no desenvolvemento do proxecto. Se fose un proxecto relacionado co galego non tería dúbida.
chúzame -




Espero non terche posto nun compromiso con iso da publicidade que non contabas….
Ó contrario, foi un subidón de adrenalina
Sígueme parecendo que o do ensamblador é unha frikada
Pero adiante meu, moita sorte co invento, quén sabe, quizabes algún día o Simple World faise “xogo estandar” dalgunha party 
Nunha party tan friki coma para que se mencione Simple World non quero estar nin tolo! (Agora entendo a mítica frase atribuída a Groucho Marx)