Archive for febreiro 26th, 2007

A miña primeira vez

Si, parece que só pasou un instante, pero levo rodeado de software libre dende hai... nove anos. Dende o momento en que me explicaron de que ía o software libre non me puiden resistir ós seus encantos. Como resistirse á idea de expandi-la liberdade da xente? Unha vez que descubres a liberdade que da o software libre, queres que os demais tamén disfruten dela. Dende ese primeiro momento intentei difundir, aínda que humildemente, os seus valores e as súas avantaxes ós que me rodeaban.

Empecei coma usuario. Disfrutaba dunha grande cantidade de software que podía empregar sen remordementos morais. Para case que cada necesidade tiña varias ferramentas á miña disposición. Ahí é onde se ve o liberalismo radical do mercado do software libre: cando non hai ningún custe ó cambiar de ferramenta, só empregas o mellor. O bonito do software libre é que a definición de custe é de mellor na frase anterior é totalmente subxectiva.

Sempre me interesou a programación, dende pequeno. Algunha vez tiven a curiosidade de querer saber como facía tal aplicación para facer tal outra cousa. Nunca tiven problemas para o descubrir; só tiña que baixarme as fontes da tal aplicación, buscar onde se implementaba tal outra cousa e estudia-lo código. Esta é unha avantaxe para un programador, pero o único que fai que non sexas programador é o tamaño da túa curiosidade. Co software libre é sinxelo aprender a programar: tes cantidades industriais de exemplos á túa disposición en forma de código de uso real (cos libros apréndese a sintaxe dunha linguaxe, co código dos expertos aprender a programar).

Chegou un momento en que quixen ser parte activa do software libre, dar os meus primeiros pasos como desenvolvedor de software libre. Fun ó sinxelo, ou iso pensaba eu inocentemente naquel momento. Primeiro foi DMN Modular Netgame, un nome pomposo para o que pretendía ser un programa de dominó. Demostrouse que non era motifación suficiente tentar facer algo en grupo (fracaso case total) e practicar para proxectos máis grandes. Pasou o tempo e un día o meu pai achegoume o xornal Marca e díxome que non sería capaz de resolver o sudoku en determinado tempo. Así chegou Python Sudoku, un programa para crear e resolver sudokus (en vez de pensar en resolver o sudoku pensei en como programaría un programa para resolve-los, deformación profesional). Durante un ano a motivación foi tentar crear sudokus que non dera resolto o meu pai, o cal acabou sucedendo co que o proxecto quedou en segundo plano. Python Sudoku significou un grande éxito para min: máis de 12000 descargas ata agora do programa (unha media de 15 descargas diarias) e varias persoas interesadas no programa aportando parches para o código. Agora tenme absorto Simple World, un proxecto polo que quixen ser programador: crear un mundo virtual. Dende logo, Simple World é o proxecto máis grande no que me metín nunca. Grazas a el estou tendo que me documentar coma nunca e tamén estou tendo que buscar como se implementa determinada funcionalidade en bibliotecas básicas para o sistema operativo.

Coma se fose un propósito de aninovo, dos poucos que se acaban cumprindo, este ano fixen algo que nunca fixera: colaborar en proxectos de software libre (proxectos que inclúen funcionalidade que precisarei para Simple World) con pequenos parches. Para XySSL, unha biblioteca criptográfica, enviei un pequeno parche para facer que o código se poidese compilar cun compilador de C++ (g++, dende logo) e correxín un pequeno buffer overflow. Para SQLite3x, un wrapper de SQLite3 para C++, aportei varios parches, algún deles engadindo algunha pequena funcionalidade.

Grazas ás aportacións que fixen a SQLite3x o seu principal desenvolvedor ofreceume ter acceso ó seu CVS para que poidera face-los cambios directamente, sen ter que enviar os parches á lista de correo. Con isto, dou por rematado rematando o meu pequeno círculo do software libre: empezar de usuario para acabar como desenvolvedor dun proxecto non empezado por min. Rematar este círculo poida que non sexa unha meta importante en xeral, pero si que o é para min. O raro é que non me decatara da importanza deste círculo hasta este día :)

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day luns, febreiro 26th, 2007.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

febreiro 2007
L M M X V S D
« xan   mar »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728  
3K2 theme by Hakan Aydin