Archive for febreiro 27th, 2007
En toda comunicación hai un emisor e un receptor. Entre a Unión Europea e a cidadanía hai moito ruído de fondo que nos impide, ós cidadáns, enterarnos do que andan a facer. Non sei en que lado da comunicación se produce o problema, pero este existe e é moi grave.
Un caso recente: hoxe entereime de casualidade de que se ía producir no parlamento europeo unha votación sobre a criminalación das descargas de internet con copyright. Votación que nos importa a todos e que pasou bastante desapercibida.
O problema poida que estexa no destino e non na orixe. Para que están os medios de comunicación (tradicionais) estatais? Quizais deberían intentar informar menos das pelexas de patio entre PSOE e PP. Poida que prefiran informar da implantación da directiva europea, cando xa non se pode facer nada.
Menos mal que existe internet... Medio grazas ó que se ten movilizado a cidadanía para intentar loitar contra votacións do Parlamento Europeo. Como por exemplo as movilizazións contra a implantación das patentes de software en Europa.
chúzame - Acábase de publicar un artigo en Linux-Watch no que se se comenta a recente campaña Show us the code. Neste artigo coméntase que a campaña está mal enfocada, que o problema son as patentes de software e non o FUD de Microsoft. Para loitar contra as patentes de software pódese apoiar a PUBPAT, a Linux Foundation's patent commons ou a SFLC (Software Freedom Law Center).
Tradución de parte do artigo orixinal:
Na última campaña FUD (das siglas das palabras en inglés medo, incertidume e dúbidas) de Microsoft --non vos equivoquedes, íso é o que é isto-- Ballmer non está a afirmar que Linux conteña algún tipo de violación do copyright de Microsoft. Isto era, no seu día, o que afirmaba SCO, non Microsoft.
Neste asalto contra Linux, Ballmer está facendo alusión a que Linux está infrinxindo o enorme cartafol de patentes que posúe Microsoft. E, cando se refire a patentes, non se ten que ensinar "código" algún.
Esa é parte do erro diabólico, como o vexo eu, do sistema de patentes americano. Con moitas, quizais a maioría, das patentes de software non hai unha linguaxe específica, un código, tan só descripcións de procesos xenerais que poden ser implementados de moitos xeitos.
Como Bradley M. Kuhn, director executivo da Free Software Fundation (FSF) me dixo hai uns anos, é "difícil escribir hoxe calquera programa de software --sendo software libre ou privativo-- dende cero que non empregue as ensinanzas de algunha patente de software nos Estados Unidos".
chúzame - 


