Problema de comunicación coa Unión Europea
Published febreiro 27th, 2007 in PolíticaEn toda comunicación hai un emisor e un receptor. Entre a Unión Europea e a cidadanía hai moito ruído de fondo que nos impide, ós cidadáns, enterarnos do que andan a facer. Non sei en que lado da comunicación se produce o problema, pero este existe e é moi grave.
Un caso recente: hoxe entereime de casualidade de que se ía producir no parlamento europeo unha votación sobre a criminalación das descargas de internet con copyright. Votación que nos importa a todos e que pasou bastante desapercibida.
O problema poida que estexa no destino e non na orixe. Para que están os medios de comunicación (tradicionais) estatais? Quizais deberían intentar informar menos das pelexas de patio entre PSOE e PP. Poida que prefiran informar da implantación da directiva europea, cando xa non se pode facer nada.
Menos mal que existe internet... Medio grazas ó que se ten movilizado a cidadanía para intentar loitar contra votacións do Parlamento Europeo. Como por exemplo as movilizazións contra a implantación das patentes de software en Europa.
chúzame -




E coma quedou esa votación da UE? Un pouquiño escaso anda o blogue últimamente…
C+P o comentario que deixei á nova en chuza!: “A votación volveu ser aprazada. A próxima posible data será o 19 ou 20 de marzo.”
Tocará repreguntar nun par de semanas, a ver como vai a cousa