Archive for febreiro, 2007
Steve Jobs, cofundador e presidente de Apple, apoia nun recente escrito que tódolos ficheiros de música que se vendan por internet non conteñan DRM [0][1]. Oír falar ó presidente da compañía que fabrica o IPod, o producto con DRM de maior implantación, sobre isto choca un pouco.
Jobs comenta que os ficheiros baixados de ITunes teñen DRM porque foi o único xeito de que as principais distribuidoras de música aceptasen que puideran vender música por internet. Tendo en conta isto, propón que agora hai tres alternativas:
- Seguir como ata o de agora, é dicir, seguir vendendo música con DRM que prohibe que se poida escoitar estos ficheiros noutros dispositivos distintos ós que a baixaron.
- Permitir que outras compañías que vendan música por internet poidan emprega-lo mesmos DRM que emprega ITunes para que os ficheiros se poidan reproducir en tódolos reproductores.
- Eliminar o DRM da música vendida por internet.
Jobs descarta a primeira alternativa argumentando que só o 3% da música dun IPod foi baixada de ITunes polo que os usuarios non están empregando o dispositivo para música sen DRM. Jobs descarta a segunda alternativa xa que o DRM para que funcione ten que ser un segredo e un segredo coñecito por tanta xente acabaría sendo publicado. Así pois, a única alternativa viable é a terceira, elminina-lo DRM da música.
O máis importante do que comenta Jobs é que di que o DRM facasou, que hai demasiada xente contrario a esta idea e con medios para loitar en contra. Isto evidiénciase buscando en calquera buscador de internet a palabra "DRM" xunto con algún producto que incorpore esta tecnoloxía: a maior parte dos resultados son anuncios de que se puido saltar esta proteción. Moitos xa o dixeran antes, pero non alguén tan importante para a industria.
[0] Vía OSnews.
[1] Vía Slashdot.
chúzame - Entrevista á presidenta de Microsoft Ibérica na TV3
2 Comments Published febreiro 4th, 2007 in Software Libre
Recentemente a TV3 fíxolle unha entrevista a Rosa María García [0], presitenta de Microsoft Ibérica, apropósito da recente saída de Windows Vista, a nova versión do sistema operativo de Microsoft. Desta entrevista gustaríame puntualizar un par de puntos.
chúzame - Despois da inexperada publicidade que recibiu Simple World fíxeronme dúas preguntas sobre o proxecto.
Por que se emprega ensamblador para o código dos bichos e non unha linguaxe de alto nivel?
Noutros proxectos similares créanse robots que pelexan os uns cos outros. O código destes robots é un programa executado pola propia máquina, polo que pode estar escrito en calquera linguaxe de programación.
Simple World é un pouco máis complexo que este tipo de proxectos. En Simple World os bichos pódense reproducir, co que, o número de bichos que poden estar vivos nun determinado momento pode ser grande podendo saturar a máquina se houbese un proceso por bicho. A solución é facer que todo Simple World sexa un proceso que vaia executando unha fracción do código dos bichos un detrás do outro. Ademais, deste xeito conséguese que tódolos bichos teñan o mesmo tempo de CPU e non se depende do planificador de procesos do sistema operativo.
Había que definir unha linguaxe para o código do bicho. Unha linguaxe de baixo nivel garante dispersión do código, co que unha variación nel (mutación do código na reprodución) é máis fácil que non modifique drasticamente o resultado.
Por que non se subiu o proxecto á forxa de mancomún.org?
Estíveno mirando, pero ó final decanteime por Source Forge. A razón foi que ó estar en galego impide que xente con outra lingua poida participar no desenvolvemento do proxecto. Se fose un proxecto relacionado co galego non tería dúbida.
chúzame -
O movimento do software libre empezou no ano 1983 cando Richard Stallman creou o proxecto GNU. Dende ese ano ata os nosos días o número de programas que adoptaron este tipo de licenzas foi aumentando.
Para que o movimento do software libre fose en aumento fixo falla que un grupo de persoas se adicasen a apoialo, a difundi-las súas ideas. Este grupo foi evolucionando co paso do tempo segundo a súa relación co software libre.
chúzame - 


