Archive for Marzo, 2007
Fabio A Mazzarino comenta no seu recomendable blogue, Doses Diárias, as razóns polas que pensa que a GPLv3 non é software libre. Partindo de que a súa intención era provocar e que a min provócaseme moi facilmente, aquí vai a miña réplica. O que segue pretende ser unha putualización ou matización, máis que unha crítica. A seguir co flame!
Serviços on-line - o conceito de copyleft na GPLv3 é ligeiramente expandido. Ainda não há um consenso sobre a utilização de serviços online, e na definição de quem é usuário, e de quem é prestador de serviço. A conseqüência é que usuários de serviços on-line talvez tenham acesso ao código fonte da aplicação.
O actual borrador da GPLv3 ten previsto unha licenza básica á que se lle poderán engadir cláusulas adicionais, asegurándose a compatibilidade do software baixo a GPLv3 con máis ou menos cláusulas adicionais. Unha destas cláusulas opcionais, efectivamente, expande o significado do usuario do software ás comunicacións por rede. Isto é o que diferenza á GPLv2 da Affero General Public License.
chuzame - As linguas son un medio de comunicación entre persoas, por tanto, deben unilas e non afastalas. Entón, por que deberiamos seguir empregando o galego, unha lingua minoritaria, nun mundo globalizado? Calquera persoa cun pouco de razoamento lóxico, tomaría a decisión de empregar unha lingua de verdade, unha coa que se poida un entender co maior número de xente. Hai que buscar unha lingua universal.
La solución obvia para un gallego es usar el español. Esta lengua es hablada extensamente en todo el mundo. Con ella no sólo se llega a toda a España, sinó que también a la inmensa mayoría de América e incluso a buena parte de la mayor potencia mundial. Con todo, aún quedaría gran parte del planeta con la que no nos podríamos comunicar satisfactoriamente.
English is a better solution. It was used as the international language since the beginning of the 20th century. This is the language of America, the most powerfull nation on the world. Also, India, maybe the biggest nation in the mediun/long future use it. Still, English is not the language more spoken on the world.
中國是世界上更廣泛的語言發言. 中國今後將在世界最大的國家. 這是必勝的最佳語言,但是 或許最好的辦法是更自然語言文字的標誌.

Grazas a Pedro Francisco San Miguel Martínez polo seu artigo en Faro de Vigo (vía chuza!) por me da-la idea e motivación para esta anotación.
chuzame -
Despois de catro anos de xuízo entre SCO e IBM, por fin hoxe, SCO sinalou o código de Linux sobre o que di ter dereitos[0]: 326 liñas. Alá polo ano 2003, cando empezou o xuízo, SCO afirmaba que Linux infrinxía o seu copyright sobre máis dun millón de liñas de código. Así pois, SCO Linux sería un sistema operativo derivado do seu UNIX, e como non dera permiso para empregar ese código, era un traballo ilegal.
326 liñas non son moito, sobre todo pensando en que Linux ten máis de 5 millóns de liñas de código. Pero quizáis esas liñas son as máis importantes de todo o código, aquelas sen as que o sistema operativo só sería basura. Pois ben, o 90% desas liñas son ficheiros de cabeceira (headers) onde se define o que se fai pero non o como. Ademais, a maior parte desas liñas son comentarios.
chuzame - O software libre está lonxe de ser un movimento homoxéneo. Lonxe de ser unha desvantaxe, é unha grande avantaxe. Grazas a esta diversidade o software libre consegue adaptarse mellor ás necesidades propias de cada individuo. Así, temos distintos sistemas operativos (GNU/Linux, NetBSD, FreeBSD, OpenBSD, OpenSolaris, etc), distintos ambientes de escritorio (KDE, GNOME, XFCE, Blackbox, etc), etc.; en definitiva, onde escoller.
Esta diversidade non só se pode observar no software en si, senón que tamén nas licenzas que este ten. As licenzas máis significativas son a BSD (e derivadas) e a General Public License (GPL). A preferenza dunha sobre a outra é unha decisión principalmente política.
chuzame -
Os de debian son xente de arraigadas costumes. Unha delas é sacar versións estables moi de vez en cando, outra é retrasa-las datas previstas para os lanzamentos das mesmas
O equipo encargado do lanzamento de debian Etch acaba de anunciar que a seguinte versión estable de debian sairá o 2 de abril. Esta parece unha data máis fiable posto que quedan menos de 20 días!
O lanzamento estaba previsto para o 4 de decembro. Poderíase pensar en buscar o lado negativo deste retraso, pero ou prefiro unha ollada positiva: o cariño co que os desenvolvedores de debian realizan unha das distribucións máis perfectas de GNU/Linux. A perfección leva o seu tempo!
chuzame - 


