Archive for marzo 14th, 2007

O software libre está lonxe de ser un movimento homoxéneo. Lonxe de ser unha desvantaxe, é unha grande avantaxe. Grazas a esta diversidade o software libre consegue adaptarse mellor ás necesidades propias de cada individuo. Así, temos distintos sistemas operativos (GNU/Linux, NetBSD, FreeBSD, OpenBSD, OpenSolaris, etc), distintos ambientes de escritorio (KDE, GNOME, XFCE, Blackbox, etc), etc.; en definitiva, onde escoller.

Esta diversidade non só se pode observar no software en si, senón que tamén nas licenzas que este ten. As licenzas máis significativas son a BSD (e derivadas) e a General Public License (GPL). A preferenza dunha sobre a outra é unha decisión principalmente política.

Chuzame! chúzame -

Logotipo de debianOs de debian son xente de arraigadas costumes. Unha delas é sacar versións estables moi de vez en cando, outra é retrasa-las datas previstas para os lanzamentos das mesmas :)

O equipo encargado do lanzamento de debian Etch acaba de anunciar que a seguinte versión estable de debian sairá o 2 de abril. Esta parece unha data máis fiable posto que quedan menos de 20 días!

O lanzamento estaba previsto para o 4 de decembro. Poderíase pensar en buscar o lado negativo deste retraso, pero ou prefiro unha ollada positiva: o cariño co que os desenvolvedores de debian realizan unha das distribucións máis perfectas de GNU/Linux. A perfección leva o seu tempo!

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day mércores, marzo 14th, 2007.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

marzo 2007
L M M X V S D
« feb   abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
3K2 theme by Hakan Aydin