Conta atrás para Debian Etch
Published marzo 14th, 2007 in Software Libre
Os de debian son xente de arraigadas costumes. Unha delas é sacar versións estables moi de vez en cando, outra é retrasa-las datas previstas para os lanzamentos das mesmas
O equipo encargado do lanzamento de debian Etch acaba de anunciar que a seguinte versión estable de debian sairá o 2 de abril. Esta parece unha data máis fiable posto que quedan menos de 20 días!
O lanzamento estaba previsto para o 4 de decembro. Poderíase pensar en buscar o lado negativo deste retraso, pero ou prefiro unha ollada positiva: o cariño co que os desenvolvedores de debian realizan unha das distribucións máis perfectas de GNU/Linux. A perfección leva o seu tempo!
chuzame -




“Nunca es tarde si la dicha es buena” ¿non che parece? ademais comentar que en Etch vamos poder disfrutar xa do novo instalador gráfico, ¡¡¡yeeeeha!!!
E grazas ó retraso empregarase unha nova versión do instalador gráfico