Archive for marzo 16th, 2007
Despois de catro anos de xuízo entre SCO e IBM, por fin hoxe, SCO sinalou o código de Linux sobre o que di ter dereitos[0]: 326 liñas. Alá polo ano 2003, cando empezou o xuízo, SCO afirmaba que Linux infrinxía o seu copyright sobre máis dun millón de liñas de código. Así pois, SCO Linux sería un sistema operativo derivado do seu UNIX, e como non dera permiso para empregar ese código, era un traballo ilegal.
326 liñas non son moito, sobre todo pensando en que Linux ten máis de 5 millóns de liñas de código. Pero quizáis esas liñas son as máis importantes de todo o código, aquelas sen as que o sistema operativo só sería basura. Pois ben, o 90% desas liñas son ficheiros de cabeceira (headers) onde se define o que se fai pero non o como. Ademais, a maior parte desas liñas son comentarios.
chúzame - 


