Archive for Abril, 2007
Facer funcionar o driver privativo de ATI (fglrx) en debian sid
2 Comments Published Abril 27th, 2007 in HowTosHai uns días produciuse un cambio nas X de debian sid. Este cambio provoca que a parte do driver en user-space xa non se poida cargar coas X e que, por tanto, non se pode levantar o modo gráfico. Antes o comando /usr/bin/Xorg -version devolvía coma versión a 7.1.0, pero agora devolve 1.3.0:
xose@debian:~$ /usr/bin/Xorg -version
X Window System Version 1.3.0
Release Date: 19 April 2007
X Protocol Version 11, Revision 0, Release 1.3
Build Operating System: Linux Debian
Current Operating System: Linux debian 2.6.21-2 #2 PREEMPT Thu Apr 26 22:48:45 CEST 2007 i686
Build Date: 21 April 2007
Before reporting problems, check http://wiki.x.org
to make sure that you have the latest version.
Module Loader present
Nos foros de rage 3d apareceu a forma de arranxalo; tan só dous comandos. Para a arquitectura x86-32:
sed -i 's/xe8xecx4fxfexffx85xc0x7fx31/xe8xecx4fxfexffx85xc0x90x90/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
sed -i 's/x0fx88x3cx09x00x00/x90xe9x3cx09x00x00/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/glrx_dri.so
Para a arquitectura x86-64:
sed -i 's/xe8xaax72xfexffx85xc0x7fx23/xe8xaax72xfexffx85xc0x90x90/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
sed -i 's/x0fx88x3bx08x00x00/x90xe9x3bx08x00x00/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
Eu probeino coa última versión do driver, a 8.36.5, na arquitectura x86-32 e funcionoume perfectamente.
Actualización: A versión 1:7.2-3 de xorg cambiou o directorio onde se gardan os drivers. Antes desta versión, o ficheiro fglrx_dri.so estaba no directorio /usr/X11R6/lib/modules/dri/ para a arquitectura x86-32 e no directorio /usr/X11R6/lib64/modules/dri/ para a arquitectura x86-64.
chuzame - Pero, que é un nerd? Unha búsqueda en google devólvenos dúas boas definicións. Segundo http://teladesign.com/ma-thesis/glossary.html, un nerd é:
Un experto en computadoras por aptitude e non por simple adestramento. Normalmente home, por debaixo dos 35 anos e socialmente inepto; unha persoa cunhas habilidades tremendas para o manexo ou deseño de hardware ou software de computadoras tan só superadas polo seu amor pasional á tecnoloxía.
Segundo www.scotsmist.co.uk/glossary_n.html, un nerd é:
Un nerd é moi similiar a un geek, pero con máis RAM e un modem máis rápido. Os nerds a miúdo atopan ós geeks aburridos porque os geeks non pasan o tempo dabondo falando sobre computadoras.
Unha vez definido o significado de nerd, quen querería ser un? A dúbida ofende!
19% scored higher (more nerdy),
1% scored the same, and
80% scored lower (less nerdy).
What does this mean? Your nerdiness is:
High-Level Nerd. You are definitely MIT material, apply now!!!.
Visto en Pih is All.
chuzame - La Vanguardia faise eco dun documental emitido en Telemadrid sobre o castelán en Cataluña[0]. Este documental, ademais de falar da situación do catalán en Cataluña, adéntrase en temas políticos, pero eu nesta anotación voume centrar exclusivamente no tema lingüistico.
A primeira impresión que transmite ó velo é que ou está feito con moi mala idea ou ás carreiras; aínda que sen descartar as dúas posibilidades ó mesmo tempo. O certo é que a min non me deixou indiferente, supoño que o mesmo ocorre co público ó que vai destinado. A introdución do documental deixa ben claro o estilo e nivel deste:
En nuestro documental de hoy vamos a hablar de ciudadanos de primera y de segunda, pero no en función de su equipo de fútbol, sinó del idioma. No deja de ser curioso que el idioma, la lengua que utilizamos para comunicarnos, lejos de acercarnos sirva para marcar fronteras incluso dentro de nuestro propio país.
A última frase recórdame moito á búsqueda da linguaxe universal.
chuzame -
A conta atrás chegou á súa fin. Acábase de enviar á lista de correo debian-announce o anuncio do lanzamento de Debian GNU/Linux 4.0.
As novidades desta nova versión son:
- Compatibilidade con LSB 3.1
- Soporte de SELinux
- Soporte para ipv6
- Soporte para LFS (ficheiros grandes)
- Nova infrastructura de python
- Soporte para NFS v4
Hai tres formas principais de obte-la nova versión da distribución:
- Configura-lo apt-get para que empregue a versión estable (ou etch). No caso de que se teña configurado a debian para a versión estable, esta noite poderase actualiza-la máquina automaticamente.
- Baixa-los CDs ou DVDs coa nova distribución.
- Realiza-la instalación por internet a partires dunha imaxe mínima (CD ou disquete).
chuzame - Unha anotación do blogue de BadVista deume unha idea para un pequeno xogo. A ver quen é capaz de atopa-las diferenzas entre o software libre e o software privativo. Para tal fin escóllese unha licenza distintiva e ilustrativa de cada tipo.
O preámbulo da GPL di:
As licenzas para a maioría do software e outros traballos prácticos están deseñadas para quita-la liberdade de compartir e cambia-los traballos. En contraste, a GNU General Public License intenta garanti-la túa liberdade para compartir e cambia-lo software libre --para asegurarse de que o software é libre para tódolos seus usuarios.
A licenza de software típica de Microsoft Vista di:
O software é licenciado, non vendido. Este acordo só che dá algúns dereitos para usa-lo software. Microsoft resérvase tódolos outros dereitos. A non ser que a lei aplicable che de máis dereitos a pesares desta limitación, ti podes usa-lo software só como estexa expresamente permitido por este acordo. Ó facer isto, debes conformarte con calquera limitación técnica no software que só che permita usalo de determinadas maneiras.
Veña, se é moi sinxelo... Xa non me deixan dar pistas, pero de verdade que é moi sinxelo. Tan só quedan 5 minutos e as liñas están abertas. Collemos tódalas chamadas!
chuzame - 


