VDrift 2007-03-23
Published abril 2nd, 2007 in Software Libre, Xogos
VDrift é un simulador de carreiras de código aberto. O nome deste xogo deriva de drift, unha técnica de condución consistente en derrapar. Tendo en conta de onde ver o seu nome, podemos pensar, acertadamente, que se presta especial importanza á correcta simulación da física dos coches. Unha das características deste xogo é a súa alta calidade gráfica dos circuítos, con moitos detalles que se agradecen.
Novidades
Hai uns días lanzouse a versión 2007-03-23 (actualización do package) deste xogo. As novidades máis destacadas son:
- Novos coches (Fórmula 1 e C7 -un clásico-)
- Novos circuítos (Barcelona -Montmeló-, Dijon-Prenois, Hockenheim, Jarama, Kyalami e Mosport)
- Carreira contra coches controlados pola máquina
- Diferente agarres segundo a superficie
- Miniatura do trazado do circuíto (opcional)
- Cambio automático (opcional)
- ABS e control de tración (opcional)
O cambio máis notable é o engadido de diferentes agarres segundo a superficie. Ata o de agora era posible saírse fora do trazado sen perder agarre nin velocidade. Nesta versión, isto xa non será posible. Agora se se toca un pouco a herba nótase a perda de agarre e o conseguinte cabeceo do coche. Includo algúns pianos son moito máis perigosos facendo imposible tocalos sen que te levanten do asfalto.
O segundo cambio máis notable é a posibilidade de empregar ABS e o control de tración. Estes dous sistemas fan máis doado a condución dos coches. Co ABS evítase bloquea-las rodas e facer rectos. Co control de tración evítanse os trompos coas marchas curtas.
O cambio automático quítalles unha preocupación ós principiantes, pero para quitarlle as últimas décimas a un circuíto é preciso o cambio manual. Unha nota sobre o cambio automático: hai que meter primeira para arrinca-lo coche e marcha atrás cando se precise.
Lamentablemente, o que podería se-lo cambio máis destacado non o é. As partidas contra os coches controlados pola máquina fan diminuí-los frames por segundo moito, co que só é unha opción para as máquinas máis potentes.
Versión 2007-03-23
Licenza GPL
Capturas de pantalla
Cooper T73 en Kyalami
Cooper T73 en Hockenheim
Cooper T73 en Mosport
Fórmula 1 en Barcelona (Montmeló)
Porsche GT en Dijon-Prenois
chúzame -














Oes meu?
Quero comezar a pedirche que nalgún dia destes coñezámonos xa que logo estaríamos ben tempo parloteando de moitas cousas… e tamén de carreiras de coches e simuladores!
Publiqueina en AGNIX.org:
http://www.agnix.org/index.php?option=content&task=view&id=3087&Itemid=2
Acabo de atopar ‘.deb’ para Ubuntu:
http://www.getdeb.net/release.php?id=678
En debian aínda seguen coa versión anterior. Eu tiven que compila-lo código. Por certo, que tal se che da o xogo?