Archive for abril 11th, 2007
La Vanguardia faise eco dun documental emitido en Telemadrid sobre o castelán en Cataluña[0]. Este documental, ademais de falar da situación do catalán en Cataluña, adéntrase en temas políticos, pero eu nesta anotación voume centrar exclusivamente no tema lingüistico.
A primeira impresión que transmite ó velo é que ou está feito con moi mala idea ou ás carreiras; aínda que sen descartar as dúas posibilidades ó mesmo tempo. O certo é que a min non me deixou indiferente, supoño que o mesmo ocorre co público ó que vai destinado. A introdución do documental deixa ben claro o estilo e nivel deste:
En nuestro documental de hoy vamos a hablar de ciudadanos de primera y de segunda, pero no en función de su equipo de fútbol, sinó del idioma. No deja de ser curioso que el idioma, la lengua que utilizamos para comunicarnos, lejos de acercarnos sirva para marcar fronteras incluso dentro de nuestro propio país.
A última frase recórdame moito á búsqueda da linguaxe universal.
chúzame - 


