Facer funcionar o driver privativo de ATI (fglrx) en debian sid
Published abril 27th, 2007 in HowTosHai uns días produciuse un cambio nas X de debian sid. Este cambio provoca que a parte do driver en user-space xa non se poida cargar coas X e que, por tanto, non se pode levantar o modo gráfico. Antes o comando /usr/bin/Xorg -version devolvía coma versión a 7.1.0, pero agora devolve 1.3.0:
xose@debian:~$ /usr/bin/Xorg -version
X Window System Version 1.3.0
Release Date: 19 April 2007
X Protocol Version 11, Revision 0, Release 1.3
Build Operating System: Linux Debian
Current Operating System: Linux debian 2.6.21-2 #2 PREEMPT Thu Apr 26 22:48:45 CEST 2007 i686
Build Date: 21 April 2007
Before reporting problems, check http://wiki.x.org
to make sure that you have the latest version.
Module Loader present
Nos foros de rage 3d apareceu a forma de arranxalo; tan só dous comandos. Para a arquitectura x86-32:
sed -i 's/xe8xecx4fxfexffx85xc0x7fx31/xe8xecx4fxfexffx85xc0x90x90/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
sed -i 's/x0fx88x3cx09x00x00/x90xe9x3cx09x00x00/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/glrx_dri.so
Para a arquitectura x86-64:
sed -i 's/xe8xaax72xfexffx85xc0x7fx23/xe8xaax72xfexffx85xc0x90x90/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
sed -i 's/x0fx88x3bx08x00x00/x90xe9x3bx08x00x00/' \
/usr/lib/xorg/modules/drivers/fglrx_dri.so
Eu probeino coa última versión do driver, a 8.36.5, na arquitectura x86-32 e funcionoume perfectamente.
Actualización: A versión 1:7.2-3 de xorg cambiou o directorio onde se gardan os drivers. Antes desta versión, o ficheiro fglrx_dri.so estaba no directorio /usr/X11R6/lib/modules/dri/ para a arquitectura x86-32 e no directorio /usr/X11R6/lib64/modules/dri/ para a arquitectura x86-64.
chúzame -




Varios comandos que apararecen na entrada non se lee ben xa que os comandos solapan o menú da dereita
(Firefox 2.0.0.3)
Grazas polo toque.
Partín os comando en dúas partes e xa collen perfectamente.