Archive for abril, 2007
O 28 de marzo publicouse o terceiro esbozo da GPLv3. Este novo esbozo fíxose esperar debido a que preto das datas previstas para a súa publicación se formalizou o acordo entre Novell e Microsoft. Dende a saída deste terceiro esbozo abriuse un prazo de 60 días para discutilo e facer cambios. Acabado este prazo sairá o esbozo definitivo. Dende a saída dese esbozo abrirase un novo prazo de 30 días antes da publicación da versión definitiva da GPLv3. Así pois, está previsto que en aproximadamente tres meses, é dicir, a finais de xuño, saia a GPLv3.
A maior parte dos cambios entre o segundo e o terceiro esbozo son cambios de forma pero non de significado. Só houbo dous cambios significativos. Un estaba previsto e refírese ó acordo entre Novell e Microsoft. O outro pilloume de sorpresa e refírese á compatibilidade coa Affero GPL.
chúzame -
VDrift é un simulador de carreiras de código aberto. O nome deste xogo deriva de drift, unha técnica de condución consistente en derrapar. Tendo en conta de onde ver o seu nome, podemos pensar, acertadamente, que se presta especial importanza á correcta simulación da física dos coches. Unha das características deste xogo é a súa alta calidade gráfica dos circuítos, con moitos detalles que se agradecen.
Novidades
Hai uns días lanzouse a versión 2007-03-23 (actualización do package) deste xogo. As novidades máis destacadas son:
- Novos coches (Fórmula 1 e C7 -un clásico-)
- Novos circuítos (Barcelona -Montmeló-, Dijon-Prenois, Hockenheim, Jarama, Kyalami e Mosport)
- Carreira contra coches controlados pola máquina
- Diferente agarres segundo a superficie
- Miniatura do trazado do circuíto (opcional)
- Cambio automático (opcional)
- ABS e control de tración (opcional)
chúzame - 


