Archive for Maio, 2007
O 13 de maio publicouse GCC 4.2, a nova rama estable da colección de compiladores de GNU. A novidade máis destacada desta nova versión é a inclusión de GOMP, unha implementación de OpenMP desenvolvida polo proxecto GNU.
OpenMP é unha interface de programación de aplicación, para as linguaxes de programación C, C++ e Fortram, que permite que código que se executa linealmente se poida executar en paralelo. Dito de outra forma, facilita o código se execute por distintas liñas de execución cun esforzo mínimo. Para conseguir isto, só se requiren pequenos cambios ó código orixintal. As características máis destacadas de OpenMP son:
- Pódese usar OpenMP con moitos compiladores e en varias plataformas distintas.
- O compilador encárgase da xestión das liñas de execución de forma transparente.
- O código inicial só precisa dunhas pequenas modificacións.
- Pódese elexir entre executar o código final linealmente ou en paralelo.
OpenMP parece a panacea para o programador. Pero, desconfiado e curioso como son o primeiro que me plantexei foi proba-la auténtica facilidade da API de OpenMP e a súa eficenza comparada coa programación a man de liñas de execución mediante o uso de POSIX threads (pthreads).
chuzame - Sabes que es un porcallán cando:
- O ordenador empeza a apagarse aleatoriamente
- Despois de maldicir os drivers privativos que tes que aturar (ATI bendita!) decátaste de que o problema se atopa noutro lado
- Despois de limpa-lo ventilador da CPU a temperatura media da CPU baxa uns 30 grados de centígrados
Corolario: Sabes que es un porcallán cando a habitación onde tes o ordenador, despois de limpalo, pasa de ser a máis cálida da casa a ser das máis frías.
chuzame - A xente é curiosa por natureza. Iso é bo. O problema ben cando a túa curiosidade interfire coa vida privada da xente. O que se ven en chamar prensa do corazón ou prensa rosa.
A min repúname este tipo de prensa. Pero, se ten que existir, que sexa o máis afastada de min posible. O problema é cando a prensa rosa invade as túas aficións/intereses. Por exemplo: que 3,14 me importa a min se Fernando Alonso ten moza ou non? O que me importa é a súa forma de conducir. En canto chegan as grandes masas a un tema, ven a prensa rosa detrás. É tan triste ou lamentable coma certo.
Pero estes meses evidenciei algo que pensaba imposible. Dentro do núcleo duro do movimento do software libre existía unha prensa do corazón latente! Sitios tan recoñecidos coma Slashdot ou Linux-Watch andan facendo un seguimento do xuízo de Hans Reiser.
Por que non nos podemos quedar co que nos interesa de Hans Reiser, é dicir, a súa faceta de desenvolvedor? Entendo que a nova de que o detiveran pode ser importante, porque pode significar un parón no desenvolvemento de Reiser4. Pero, para que 3,14 seguir publicando novas sobre o caso? E máis aínda, para que 3,14 publicar nada cando aínda non foi xulgado?
Hans Reiser é o creador do sistema de ficheiros Reiser. A terceira versión deste sistema de ficheiros, ReiserFS, ven de serie en tódalas distribucións de GNU/Linux. Neste momento estase traballando na cuarta versión, Reiser4, que trae moitas melloras.
chuzame - 


