Archive for maio 5th, 2007
A xente é curiosa por natureza. Iso é bo. O problema ben cando a túa curiosidade interfire coa vida privada da xente. O que se ven en chamar prensa do corazón ou prensa rosa.
A min repúname este tipo de prensa. Pero, se ten que existir, que sexa o máis afastada de min posible. O problema é cando a prensa rosa invade as túas aficións/intereses. Por exemplo: que 3,14 me importa a min se Fernando Alonso ten moza ou non? O que me importa é a súa forma de conducir. En canto chegan as grandes masas a un tema, ven a prensa rosa detrás. É tan triste ou lamentable coma certo.
Pero estes meses evidenciei algo que pensaba imposible. Dentro do núcleo duro do movimento do software libre existía unha prensa do corazón latente! Sitios tan recoñecidos coma Slashdot ou Linux-Watch andan facendo un seguimento do xuízo de Hans Reiser.
Por que non nos podemos quedar co que nos interesa de Hans Reiser, é dicir, a súa faceta de desenvolvedor? Entendo que a nova de que o detiveran pode ser importante, porque pode significar un parón no desenvolvemento de Reiser4. Pero, para que 3,14 seguir publicando novas sobre o caso? E máis aínda, para que 3,14 publicar nada cando aínda non foi xulgado?
Hans Reiser é o creador do sistema de ficheiros Reiser. A terceira versión deste sistema de ficheiros, ReiserFS, ven de serie en tódalas distribucións de GNU/Linux. Neste momento estase traballando na cuarta versión, Reiser4, que trae moitas melloras.
chúzame - 


