Prensa do corazón no software libre
Published maio 5th, 2007 in As miñas cousasA xente é curiosa por natureza. Iso é bo. O problema ben cando a túa curiosidade interfire coa vida privada da xente. O que se ven en chamar prensa do corazón ou prensa rosa.
A min repúname este tipo de prensa. Pero, se ten que existir, que sexa o máis afastada de min posible. O problema é cando a prensa rosa invade as túas aficións/intereses. Por exemplo: que 3,14 me importa a min se Fernando Alonso ten moza ou non? O que me importa é a súa forma de conducir. En canto chegan as grandes masas a un tema, ven a prensa rosa detrás. É tan triste ou lamentable coma certo.
Pero estes meses evidenciei algo que pensaba imposible. Dentro do núcleo duro do movimento do software libre existía unha prensa do corazón latente! Sitios tan recoñecidos coma Slashdot ou Linux-Watch andan facendo un seguimento do xuízo de Hans Reiser.
Por que non nos podemos quedar co que nos interesa de Hans Reiser, é dicir, a súa faceta de desenvolvedor? Entendo que a nova de que o detiveran pode ser importante, porque pode significar un parón no desenvolvemento de Reiser4. Pero, para que 3,14 seguir publicando novas sobre o caso? E máis aínda, para que 3,14 publicar nada cando aínda non foi xulgado?
Hans Reiser é o creador do sistema de ficheiros Reiser. A terceira versión deste sistema de ficheiros, ReiserFS, ven de serie en tódalas distribucións de GNU/Linux. Neste momento estase traballando na cuarta versión, Reiser4, que trae moitas melloras.
Cotilleo entre dous administradores de sistemas na sala de máquinas
Tomás: Oes, enterácheste do que lle pasou a Hans Reiser?
Pedro: A quen?
Tomás: Ó creador do sistema de ficheiros ReiserFS.
Pedro: Ah, claro! Que pasou? Xa meteron o Reiser4 na rama mm de Linux?
Tomás: Non... seguen como sempre. Os desenvolvedores do kernel din que precisa un redeseño e os desenvolvedores de Reiser4 que con outros proxectos nunca foron tan restrictivos. Pero non era iso do que che estaba a falar. Non te decataches que dende hai uns meses a velocidade de desenvolvemento de Reiser4 diminuiu un pouco?
Pedro: Home, agora que o dis... Conta, conta, que é o que pasou?
Tomás: Pois que Hans Reiser está detido e a espera dun xuízo.
Pedro: Que me dis! Pero que pasou? De que o acusan?
chúzame -




Xa teño nova sección para a miña web… un espazo rosa…
Atención á primeira exclusiva…
“¡¡Cousas de xentiñas ó descuberto!! Chegamos ata os mesmos calzóns do blogue”