Archive for maio 22nd, 2007
O 13 de maio publicouse GCC 4.2, a nova rama estable da colección de compiladores de GNU. A novidade máis destacada desta nova versión é a inclusión de GOMP, unha implementación de OpenMP desenvolvida polo proxecto GNU.
OpenMP é unha interface de programación de aplicación, para as linguaxes de programación C, C++ e Fortram, que permite que código que se executa linealmente se poida executar en paralelo. Dito de outra forma, facilita o código se execute por distintas liñas de execución cun esforzo mínimo. Para conseguir isto, só se requiren pequenos cambios ó código orixintal. As características máis destacadas de OpenMP son:
- Pódese usar OpenMP con moitos compiladores e en varias plataformas distintas.
- O compilador encárgase da xestión das liñas de execución de forma transparente.
- O código inicial só precisa dunhas pequenas modificacións.
- Pódese elexir entre executar o código final linealmente ou en paralelo.
OpenMP parece a panacea para o programador. Pero, desconfiado e curioso como son o primeiro que me plantexei foi proba-la auténtica facilidade da API de OpenMP e a súa eficenza comparada coa programación a man de liñas de execución mediante o uso de POSIX threads (pthreads).
chúzame - 


