Archive for Xuño, 2007

Habemus GPLv3!

Despois de máis dun ano de traballo, por fin hoxe saiu á luz a terceira versión da GPL (anuncio oficial). Este longo tempo de preparación serviu para escoitar a todo aquel que quixera aporta-la súa opinión sobre a nova versión da licenza, así como para rescribi-las partes máis problemáticas.

A GPLv3 pódese descargar nos seguintes formatos:

PD: Xa teño lectura para este fin de semana :)

Chuzame! chuzame -

Esta anotación é o que debería ter sido a anotación mitos sobre a GPL. A anotación anterior resultou ter un título, ou contido, incorrecto. Naquela anotación intentaba comenta-los mitos sobre a licenza GPL, pero en realidade a maioría eran mitos aplicables ó software libre en xeral, non só sobre a GPL. Ademais, nos comentarios sairon un par de mitos non relacionados coa GPL pero si co software libre.

Os mitos, por tanto falsedades, máis difundidos sobre o software libre son:

  • O software libre é de balde.
  • O software libre non xenera negocio.
  • O software libre pretende derrotar a Microsoft.
  • No momento en que modificas software GPL, tes que publica-los cambios.
  • O software libre é de menor calidade que o software privativo.
  • O software libre é inseguro.
  • O software libre é difícil de usar.
  • Os desenvolvedores de software libre son uns freaks/geeks.
  • O software libre non ten soporte técnico.
  • A licenza BSD é máis libre que a GPL.

A continuación intentarei rebatir estes mitos.

Chuzame! chuzame -

Mitos sobre a GPL

Vou aproveitar un suceso que ocorreu onte para intentar acabar con varios mitos sobre a GPL, e software libre en xeral, que veñen de lonxe. Porque, aínda quedan desenvolvedores/promovedores do software libre que non entenden a licenza GNU General Public License.

Onte mancomún.org publicou que os desenvolvedores de EyeOS acusan a MyBooo de copiar o código do seu Web OS e tentar romper a licenza. Na páxina á que enlazan os desenvolvedores de MyBooo escúlpanse dicindo que, ó non haber distribución da súa versión, non teñen que ofrece-lo código. Un dos mitos que tratarei explica por que teñen razón.

A licenza GPL caracterízase por garantir unha serie de liberdades ós receptores de código baixo esta licenza. Estas liberdades son:

  1. Poder usa-lo software como se queira.
  2. Poder mira-lo código fonte.
  3. Poder redistribuí-lo software sen restriccións.
  4. Poder modifica-lo software.

Todo software baixo a GPL é software libre, pero non todo o software libre ten como licenza a GPL. Existen outras licenzas libres: LGPL, BSD, MPL, etc.

Os principais mitos ó redor do software libre son:

  • O software libre é de balde.
  • No momento en que modificas software libre, tes que publica-los cambios.
  • Inseguridade do software libre.

A continuación intentarei rebatir estes mitos.

Chuzame! chuzame -

Esta mañá Felipe Albrecht deixoume un comentario, nun correcto portugués, preguntándome en que idioma estaba este blogue. Non deixa de ser curioso, ata cómico :D

Este blogue está escrito en galego. O galego é a lingua oficial de Galiza, nación ó norte de Portugal. O galego e o portugués son dialectos dunha mesma lingua. Por tanto, hai diferenzas entre as dúas variedades, pero mínimas. Un exemplo práctico. Eu vivo no norte de Galiza e non teño dificultade ningunha para entender o portugués do norte de Portugal. Mais, para entender o portugués do sur teño que "cambia-lo chip" ata me acostumar ó seu acento. Esta adaptación non dura máis duns cantos minutos.

Pregunta obrigada: se son a mesma lingua, por que hai tanta diferenza na escrita? Para escribir uso a normativa oficial do galego, a que me ensinaron na escola. Esta normativa caracterízase por usar as mesmas letras, signos de puntuación e regras que o castelán. É dicir, unha forma de separar artificialmente unha lingua unida oralmente. Existe outra normativa, non oficial, para a escrita do galego: os mínimos. Esta normativa caracterízase por usar a norma portuguesa, pero con diferenzas ínfimas. No 2003 fíxose unha pequena modificación á normativa oficial na que participaron lingüistas galegos e portugueses, pero o espírito da normativa segue a se-lo mesmo.

Chuzame! chuzame -

Microsoft leva máis de medio ano intentando firmar acordos con distribucións de GNU/Linux. Estes acordos cobren a intercomunicación entre os dous sistemas operativos así como unha protección ós usuarios das distribucións firmantes sobre posibles incumprimentos de GNU/Linux sobre as pantentes de Microsoft. Polo de agora Microsoft firmou este acordo con dúas distribucións: en novembro do 2006 Microsoft e Novell firmaron o acordo e en xuño do 2007 Microsoft e Xandros firmaron o acordo.

Este tipo de acordos ofrécelle a Microsoft unha pseudo-proba de que GNU/Linux incumpre as súas patentes. Se GNU/Linux non incumprise as patentes que ten Microsoft, para que quererían as distribucións unha cláusula sobre as patentes? O típico FUD que nunca ven mal, vamos.

Se todo se quedase ahí, non habería ningún perigo. Primeiro: as patentes de software son unha aberración. Segundo: o sistema de patentes estadounidense é un desastre. Terceiro: Hai moitos intereses económicos a favor de GNU/Linux. Se alguén, Microsoft neste caso, intentase atacar a GNU/Linux con patentes, poderíase provocar un cataclismo no sistema de patentes estadounidense.

Outra forma de ver estes acordos é pensar que Microsoft está buscando a forma de atacar a GNU/Linux. A historia de Microsoft está plagada de guerras suxas coa competencia ata os derrotar, conseguindo o monopolio no sector en cuestión de paso. GNU/Linux presenta un problema para esta táctica: é un movimento máis que unha empresa. É dicir, non ten un rival (rivais) claro contra o que loitar.

Estes acordos só se propuxeron a distribucións comerciais, aquelas cunha empresa detrás. Non se propuxeron a distribucións creadas pola comunidade coma por exemplo debian, fedora ou gentoo. Coincidencia? Tendo a ser desconfiado con quen o merece. Estes acordos, a longo prazo, poderían favorecer ás distribucións comerciais sobre as distribucións comunitarias. Os usuarios que fagan caso ó FUD, verán ás distribucións que teñan firmado o acordo con Microsoft como a súa mellor elección.

Unha vez que estexan definidos os rivais, xa se pode empezar a pensar en como os atacar.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Xuño, 2007.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Xuño 2007
L M M X V S D
« Mai   Xull »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin