Archive for Xullo, 2007
O software GPLv3 non pode usar Qt
1 Comment Published Xullo 19th, 2007 in Programación, Software LibreQt é unha biblioteca multiplataforma escrita en C++ para, principalmente, crear interfaces gráficas. Esta biblioteca está dispoñible baixo dúas licenzas:
- Q Public License
- GNU General Public License version 2 sen a cláusula "or any later version"
Estas dúas licenzas son incompatibles coa nova GNU General Public License version 3. Isto significa que, agora mesmo, non se poderá empregar esta biblioteca con software baixo a GPLv3.
Estiven buscando información pola páxina de Trolltech a ver se atopaba algunha información sobre a súa postura sobre a GPLv3. Non atopei nada, tan só unha anotación nun blogue anunciando a aparición dun esbozo. Espero que na próxima versión de Qt engadan como terceira licenza a GPLv3.
chuzame - Primeiro programa executado por SWcpu
0 Comments Published Xullo 11th, 2007 in Programación, Simple World, Software Libre
A CPU de Simple World (SWcpu) aínda non está acabada de todo, fáltalle envia-las interrupcións provocadas por instruccións ou direccións de memoria erróneas. Aínda así, a SWcpu xa executou o primeiro programa.
O programa en cuestión é moi sinxelo, xa que só calcula os números da secuencia de Fibonacci dende o 1 ata 32768 sen parar. Pero serviu para probalo compilador e a CPU.
| Código fonte de fibonacci.swl | Código obxeto executado por SWcpu |
|---|---|
![]() |
![]() |
chuzame - Especificación 1.0 de Simple World
0 Comments Published Xullo 11th, 2007 in Simple World, Software Libre
Despois de varios meses de traballo, liberouse a versión definitiva da especificación de Simple 1.0. Algunhas cousas aínda poden cambiar, coma a biblioteca estándar de SWL, pero nada demasiado importante.
A especificación, en inglés e en formato ODT e PDF, pódese atopar na páxina de Simple World.
A maior parte da codificación xa está feita: a CPU e a base de datos. Espero que a primeira versión de Simple World saia nos próximos meses.
chuzame -
Dende hai uns días está dispoñible a páxina web de Simple World. Pasou medio ano dende que creara o proxecto en SourceForge.net e algúns xa daban o proxecto por abandonado. Que pouca confianza!
Para a páxina web empreguei Drupal 5.1, o tema bluebreeze minimamente modificado e uns cantos módulos (Codefilter, Diff, Focus, XML Sitemap, Quote, TinyMCE SYSIWYG Editor e TrackBack).
O logotipo non é que sexa moita cousa, máis é todo do que son capaz coa miña nula habilidade artística. O logotipo pretende ser un par de bichos pelexando.
chuzame - 




