O software GPLv3 non pode usar Qt
Published xullo 19th, 2007 in Programación, Software LibreQt é unha biblioteca multiplataforma escrita en C++ para, principalmente, crear interfaces gráficas. Esta biblioteca está dispoñible baixo dúas licenzas:
- Q Public License
- GNU General Public License version 2 sen a cláusula "or any later version"
Estas dúas licenzas son incompatibles coa nova GNU General Public License version 3. Isto significa que, agora mesmo, non se poderá empregar esta biblioteca con software baixo a GPLv3.
Estiven buscando información pola páxina de Trolltech a ver se atopaba algunha información sobre a súa postura sobre a GPLv3. Non atopei nada, tan só unha anotación nun blogue anunciando a aparición dun esbozo. Espero que na próxima versión de Qt engadan como terceira licenza a GPLv3.
chuzame -




1 Response to “O software GPLv3 non pode usar Qt”
Please Wait
Leave a Reply