Archive for novembro 14th, 2007
Primeiro bug en Simple World 1.0a1
2 Comments Published novembro 14th, 2007 in Programación, Simple World
Pouco durou a ledicia. Esta primeira versión de Simple World é un pouco de portas para dentro. Necesitaba libera-lo código por aquilo de release soon, release often e xa había varios meses dende que anunciara a especificación de Simple World 1.0. Debido a que esta versión ten unha funcionalidade reducida e nada espectacular, decidín non publicita-la (freshmeat.net, sourceforge.net, etc). Só o anunciei aquí e na páxina do proxecto. Así que, as modestas 18 descargas dos dous primeiros días viñeron por sorpresa. Pero, como dicía, pouco durou a ledicia.
O mesmo día que publiquei Simple World 1.0a1 xa vin que brainless actuaba dun xeito raro: podía moverse unha única vez e despois só xiraba ó seu redor. Onte, ó día seguinte, descubrín de onde viña o problema: a implementación dun xenerador de números pseudo aleatorios era de risa. Despois de calcular un par de números aleatorios chegaba a un punto onde sempre devolvía o mesmo valor.
O algoritmo que escollera, linear congruential generator (LCG), non é ningunha marabilla. Se se usa para calcular valores nun espazo en dúas dimensións acaba devolvendo valores que se poden agrupar en distintas rectas separadas por unha distanza constante as unhas das outras. Ó final acabei mirando como se implementa o algoritmo LCG a bliblioteca C de GNU (glibc). Esta debería ser a implementación que debería estar en Simple World 1.0a1, pero sempre andamos con presas e claro...
Ó final, tomeimo a mal, e para Simple World 1.0a2 implementarei un xerador de números pseudo aleatorios máis "aleatorio". Quedoume un resultado moi semellante ó usado pola implementación da glibc da función rand().
chúzame - A finais da semana pasada publicouse a listaxe dos 500 supercomputadores máis rápidos do mundo. Como leva ocorrendo dende o 2004, GNU/Linux é o sistema operativo usado pola maioría dos supercomputadores máis rápidos do mundo, usándose no 85% dos supercomputadores listados.

Na gráfica da evolución do uso dos sistemas operativo na listaxe TOP500 pódese ver que sempre se empregaron maioritariamente sistemas tipo UNIX. En realidade, só os sistemas tipo UNIX chegaron a ter máis dun 10% do mercado. Ata o 2004 os UNIX comerciais foron os dominantes, pero neste ano GNU/Linux foi remprazándoos pouco a pouco.
Como anécdota, teño que comentar que me chocou ve-la publicidade de MicroSoft Windows nesta páxina. Se miramos os datos da utilización deste sistema operativo na lista, vemos que só se emprega non 1.2% dos sistemas (6 de 500) e que anteriormente só alcanzara o 0.4% (2 de 500). Curioso cando menos
Vía OSnews.
chúzame - 



