Primeiro bug en Simple World 1.0a1
Published novembro 14th, 2007 in Programación, Simple World
Pouco durou a ledicia. Esta primeira versión de Simple World é un pouco de portas para dentro. Necesitaba libera-lo código por aquilo de release soon, release often e xa había varios meses dende que anunciara a especificación de Simple World 1.0. Debido a que esta versión ten unha funcionalidade reducida e nada espectacular, decidín non publicita-la (freshmeat.net, sourceforge.net, etc). Só o anunciei aquí e na páxina do proxecto. Así que, as modestas 18 descargas dos dous primeiros días viñeron por sorpresa. Pero, como dicía, pouco durou a ledicia.
O mesmo día que publiquei Simple World 1.0a1 xa vin que brainless actuaba dun xeito raro: podía moverse unha única vez e despois só xiraba ó seu redor. Onte, ó día seguinte, descubrín de onde viña o problema: a implementación dun xenerador de números pseudo aleatorios era de risa. Despois de calcular un par de números aleatorios chegaba a un punto onde sempre devolvía o mesmo valor.
O algoritmo que escollera, linear congruential generator (LCG), non é ningunha marabilla. Se se usa para calcular valores nun espazo en dúas dimensións acaba devolvendo valores que se poden agrupar en distintas rectas separadas por unha distanza constante as unhas das outras. Ó final acabei mirando como se implementa o algoritmo LCG a bliblioteca C de GNU (glibc). Esta debería ser a implementación que debería estar en Simple World 1.0a1, pero sempre andamos con presas e claro...
Ó final, tomeimo a mal, e para Simple World 1.0a2 implementarei un xerador de números pseudo aleatorios máis "aleatorio". Quedoume un resultado moi semellante ó usado pola implementación da glibc da función rand().

Dispersión do xerador de números aleatorios en Simple World 1.0a1 (só hai 3 puntos distintos)

Así debería funcionar (puntos colocados en varias liñas rectas)

Dispersión do xerador de números aleatorios de Simple World 1.0a2

Dispersión da implementación de rand() da glibc
chúzame -




¿Dise chintófanos ou chintófenos?
http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/tecnoloxia/seccion_novas_tecnoloxias_do_13_11_07
Interesante e enigmático comentario… merecíase unha resposta interesante e pitónica, pero… non se atopa “chintófeno” por internet, só “chintófano”.
Se me aclaras o teu comentario, mellor que mellor