GNU Affero General Public License (versión 3)
Published novembro 20th, 2007 in Programación, Software LibreOnte publicouse a terceira versión da GNU Affero General Public License. Unha das novidades desta licenza é a compatibilidade coa GNU General Public License (versión 3), algo que a anterior versión da Affero non permitía. Os obxectivos desta licenza espóñense no seu preámbulo:
A GNU Affero General Public License é unha licenza copyleft para software e outros tipos de traballos, especialmente deseñada para asegura-la coperación coa comunidade no caso do software executado en servidores.
[...]
A licenza require que o operador do servidor de rede ofreza o código fonte da versión modificación que se estexa executando ós usuarios do servidor. Deste xeito, o uso público dunha versión modificada, nun servidor accesible públicamente, dá acceso público ó código fonte da versión modificada.
A GNU Affero General Public License pódese descargar nos seguintes formatos:
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato HTML
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato de texto plano
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato LaTeX
- A GNU Affero General Public License (AGPL) versión 3 en formato Texinfo
chúzame -




0 Responses to “GNU Affero General Public License (versión 3)”
Please Wait
Leave a Reply