Archive for Marzo, 2008
From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems
4 Comments Published Marzo 17th, 2008 in SoftwareAcabo de ler From BFS to ZFS: past, present, and future of file systems[0], un artigo, en inglés, moi interesante e entretido que merece ser recomendado. Trátanse de 8 páxinas coa historia dos sistemas de ficheiros que foron acompañando ós sistemas operativos máis importantes da historia. De cada sistema de ficheiros coméntanse as súas características diferenciadoras e as limitacións que tiñan.
O último parágrafo do artigo é un perfecto resumo do artigo:
Mentres que os sistemas de ficheiros poida que, en si, non parezan excitantes, a súa historia cóntanos a historia de como os ordenador e os sistemas operativos evolucionario cos anos. "Polas súas obras os coñeceremos" é certo tanto para as persoas coma para os sistemas de ficheiros. Coñecendo como garda o sistema un simple ficheiro, un pode chegar a vislumbrar as limitacións e aspiracións dos seus deseñadores.
[0] Vía OSNews.
chuzame - O oráculo obtivo un 100% de acerto nas predicións electorais
7 Comments Published Marzo 10th, 2008 in As miñas cousas, Humor, PolíticaHai tres diás publiquei a consulta ó oráculo sobre as elecións ó congreso e senado. Como pode observar todo o que queira comprobalo, o oráculo tivo un 100% de acerto. Este resultado corrobora a miña confianza neste método de adiviñación do futuro. De tal xeito que, en futuras consultas, o resultado do oráculo terá maior peso.
Vou ir desglosando as predicións do oráculo para que se poida aprecia-lo seu total acerto:
- As elecións, efectivamente, foron moi igualadas. Nas elecións gañaron os dous partidos maioritarios: o PSOE é o partido máis votado e o PP foi o partido que máis subiu, pero non se obtiveron maiorías absolutas.
- Mariano Rajoy, grazas en parte ós escaños que perderon entre outros IU, obtiu un resultado que lle garante se-lo candidato do PP a futuras elecións. En futuras elecións, Rajoy gañará as elecións e será presidente do goberno.
- Como se sabe que Mariano Rajoy será algún día presidente do goberno, pódese dar por feito que isto será despois dunhas futuras elecións, polo tanto, haberá máis elecións.
chuzame - Esta foi a campaña electoral na que máis se ninguneou ós partidos minoritarios e como consecuencia tivo os resultados electorais máis bipartidistas da historia. Con respecto ás eleccións do 2004, a suma do PSOE e do PP aumentou en 10 escaños.
Nesta campaña electoral houbo tres grandes debates por televisión [0]. Houbo dous cara a cara entre os candidatos do PSOE e do PP, un ó principio de cada semana de campaña electoral, e un debate entre as outras 4 candidaturas con grupo propio no congreso (CiU, ER, PNV e IU), na segunda semana de campaña electoral. A diferenza de trato dos tres debates por parte dos medios foi brutal. Os dous primeiros foron esperados, publicitados e comentados ó máximo, mentres que o último ía comezar ás 24h. Con iso dise todo. O márquetin da os seus froitos, mellor dito, deunos na xornada de onte.
Pero os medios de comunicación non teñe toda a culpa. Seguramente o principal problema é que o noso sistema democrático é bipartidista dende a médula (método de Hondt). Nunha España plural, como se entende que non haxa representación proporcional no congreso? Como se xustifica a promoción dun sistema que intenta evita-la representación das minorías?
Agora enténdese mellor as palabras do Presidente en funcións "precisamos que haxa tensión". Agora xa se sabe que quería dicir "precisamos que a xente pense no voto útil" ou "precisamos que aumente o bipartidismo".
[0] A nivel galego houbo outro a tres bandas, pero non é comparable.
chuzame - A misión do satélite WMAP deu os seus froitos. A NASA publicou onte a imaxe do primeiro universo visible[0] cunha definición nunca antes alcanzada. Xa se obteran imaxes co mesmo obxectivo, pero nunca de tanta calidade. Posiblemente, a imaxe máis bonita que se poida captar.

Nesta imaxe pódense ver que a materia non estaba uniformemente distribuída. Os puntos que tenden ó vermello son os puntos máis quentes, con máis materia, e os puntos que tenden ó azul son os máis fríos, con menos materia. Se o universo existe tal e como o coñecemos é grazas a esta distribución non uniforme. Se a materia estivese uniformemente distribuída a gravidade non a podería xuntar, polo que non existirían galaxias, estrelas, planetas, etc. A diferenza entre os puntos quentes e os puntos fríos da imaxe son 0,0002K. É dicir, a materia case que estaba uniformemente distribuída.
chuzame - Resultados do 9M: Rajoy presidente co apoio de Llamazares
1 Comment Published Marzo 7th, 2008 in As miñas cousas, Humor, PolíticaPor aquilo do voto útil, decidín usar un oráculo para ver por quen votar. Non é que precise votar polo cabalo gañador, o que pasa é que son 10 anos os que levo votando sempre polo perdedor :).
Os resultados das vindeiras elecións ó parlamento/senado español serán sorprendentes. Como se supuña, as elecións serán moi igualadas e ninguén sacará maioría absoluta. É por isto polo que o partido que finalmente se faga coa presidenza terá que pactar.
Ó contrario do que se está a supoñer, Zapatero non conseguirá a súa reeleción. Todo o contrario! Será Mariano Rajoy, co inesperado apoio de Gaspar LLamazares o que consega a presidenza do parlamento español. Non está claro se lle farán falla outros apoios ou cales serán.
De tódolos xeitos, o último baticinio do oráculo é enigmático. Á pregunta de "Haberá que repeti-las elecións?", o oráculo dixo que "Si, estou case seguro.". Por experienza sei que o oráculo é moi cabrón, así que, o máis seguro é que se refira a dentro de 4 anos. Por tanto, estas non serán as últimas elecións ó parlamento e senado español.
chuzame - 


