Resultados do 9M: Rajoy presidente co apoio de Llamazares
Published marzo 7th, 2008 in As miñas cousas, Humor, PolíticaPor aquilo do voto útil, decidín usar un oráculo para ver por quen votar. Non é que precise votar polo cabalo gañador, o que pasa é que son 10 anos os que levo votando sempre polo perdedor :).
Os resultados das vindeiras elecións ó parlamento/senado español serán sorprendentes. Como se supuña, as elecións serán moi igualadas e ninguén sacará maioría absoluta. É por isto polo que o partido que finalmente se faga coa presidenza terá que pactar.
Ó contrario do que se está a supoñer, Zapatero non conseguirá a súa reeleción. Todo o contrario! Será Mariano Rajoy, co inesperado apoio de Gaspar LLamazares o que consega a presidenza do parlamento español. Non está claro se lle farán falla outros apoios ou cales serán.
De tódolos xeitos, o último baticinio do oráculo é enigmático. Á pregunta de "Haberá que repeti-las elecións?", o oráculo dixo que "Si, estou case seguro.". Por experienza sei que o oráculo é moi cabrón, así que, o máis seguro é que se refira a dentro de 4 anos. Por tanto, estas non serán as últimas elecións ó parlamento e senado español.
O oráculo
Un oráculo é un mecanismo/aparello/persoa que resposta "si" ou "non" a preguntas directas. Os oráculos empregábanse moitísimo nos tempos pretéritos, mais dende hai moitos séculos caeron en desuso. Exemplos de pobos que se fixeron grandes grazas ós oráculos son os exipcios e os gregos.
Polo sinxelo do seu funcionamento, construír un oráculo é moi sinxelo; o único problema é "axustalo" para que funcione ben. Eu teño comprobado varias veces a súa validez se se consegue axustar correctamente o oráculo.
O procedemento
Para que se poida comproba-la fiabilidade científica das respostas do oráculo, ofrecerei o procedemento exacto que se seguiu xunto cos datos obtidos.
Escribíronse por adiantado tódalas preguntas que se lle fixeron ó oráculo. Deste xeito evítase unha posible manipulación, xa que unha resposta non condiciona a seguinte pregunta. As preguntas fixéronse secuencialmente e sen deixar separación entre elas. As respostas gardáronse para a posterior análise.
As respostas do oráculo
P: Es capaz de predeci-lo futuro?
Non o sei.
P: As túas predicións son fiables?
Si, estou case seguro.
P: Es capaz de dicir quen gañará as elecións ó parlamento/senado español do 9 de marzo do 2008?
Si, estou case seguro.
P: Gañará as elecións Zapatero?
Non, estou case seguro.
P: Gañará as elecións Rajoy?
Non o sei.
P: Gañará as elecións Llamazares?
Non o sei.
P: Gañará alguén?
Non, estou case seguro.
P: Gañarán todos?
Non o sei.
P: Conseguirá Zapatero a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá Rajoy a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá Llamazares a maioría absoluta do parlamento?
Non o sei.
P: Conseguirá alguén a maioría absoluta do parlamento?
Non, estou case seguro.
P: Gobernará Zapatero?
Non o sei.
P: Gobernará Rajoy?
Si, estou case seguro.
P: Gobernará Llamazares?
Si, estou case seguro.
P: Gobernará alguén?
Non o sei.
P: Haberá que repeti-las elecións?
Si, estou case seguro.
chúzame -




1 Response to “Resultados do 9M: Rajoy presidente co apoio de Llamazares”
Please Wait
Leave a Reply